- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Protocolo de adquisición, características e uso das máscaras para o alumnado beneficiario das mesmas

Publicado por Alberte Zato o 3 Decembro, 2020 @ 12:51 am en Zona Alumnado, Secretaría, Dirección | Comentarios desactivados

pack-de-10-mascarillas-talla-generica1.jpg

Estimadas familias :

Segundo a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria no curso 2020/21 será beneficiario das máscaras , directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar.

A Dirección Xeral de Centros e RRHH mandou unha serie de instrucións para a compra destas máscaras por parte dos centros : Tipoloxía das máscaras – Máscaras hixiénicas reutilizables segundo especificacións UNE 0065 para uso do alumnado. Empregadas para minimizar o risco de propagación da COVID-19 entre as persoas. Non poderán levar ningún tipo de inscrición ou serigrafía.

Adquiriranse 3 ou 4 por alumno/a en función da súa durabilidade ( número de lavados ) , e dos días lectivos que resten de curso.

O noso centro mercou 3 por estudante polas características das máscaras . Teñen 70 lavados e poden ser usadas durante 210 días de clase . Recomendamos non usar estas máscaras durante as vacacións e fins de semana.

Un saúdo da dirección do IES DO CASTRO

[1] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=5534

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.