- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Convocatoria Fondo solidario LIBROS DE TEXTO para o curso 2021/22
Publicado por Alberte Zato o 1 Xuño, 2021 @ 9:59 pm en Zona Alumnado, Vicedirección | Comentarios desactivados
[1] FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
(Ligazón)
Prazo de presentación: Ata o 22 de xuño de 2021
Destinatarios:
● Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO; cursos nos que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2020/21.
● Axudas para adquirir libros de texto: alumnado con necesidades especificas de apoio educativo (NEAE).
● Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en ESO.
● O alumnado participante no Proxecto de educación dixital (EDIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
Formas de presentación: presencial ou telemática ([2] Manual de usuario)
As solicitudes presentaranse, preferiblemente, a través da aplicación [3] FONDOLIBROS. Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude. Dende FONDOLIBROS, poderán optar polas seguintes formas de presentacion:
● Presentacion no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.
● Presentacion na Sede Electronica da Xunta de Galicia: A solicitude e a documentación preséntanse telemáticamente e asínase a través da aplicación fondolibros.
Para presentar as solicitudes e a documentación no centro haberá que pedir cita previa.
Documentación: deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31.12.2019
● Anexo I debidamente cuberto e asinado e Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar. [4] Ligazón aos anexos
● Libro de familia onde figuren os membros computables.
● Documento que acredite a custodia en caso de separación ou divorcio.
● Nos casos especiais (violencia de xénero, discapacidade, tutela da Xunta…) ou se o solicitante non posúe DNI ou NIE, consultar a seguinte [5] ligazón.
Axudas e fondo de libros:
Este documento en

[8] documento-convocatoria-fondo-solidario-libros-de-texto-21-22.pdf
[9]Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=5609
URLs neste artigo:
[1] FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210520/AnuncioG0598-070521-0001_gl.html
[2] Manual de usuario: https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/fondolibros/FNDLIB_MU_ManualCidadan.pdf
[3] FONDOLIBROS: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
[4] Ligazón aos anexos: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/13492459
[5] ligazón: https://drive.google.com/file/d/14yv3fHENivIGzYC4Yr8v7sUU_y4hUChU/view?usp=sharing
[6] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2021/06/renda-fondo-libros.jpg
[7] Convocatoria fondo solidario de libros: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002
[8] documento-convocatoria-fondo-solidario-libros-de-texto-21-22.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2021/06/documento-convocatoria-fondo-soli
dario-libros-de-texto-21-22.pdf
[9] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.