- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Aviso importante: Modificacións do calendario escolar para o final de curso 2022-2023 e o sistema de avaliacións na ESO

Publicado por Alberte Zato o 13 Febreiro, 2023 @ 1:03 am en Avisos urxentes, Zona Alumnado, Dirección | Comentarios desactivados

findecurso.jpg

 

MODIFICACIÓNS DO CALENDARIO ESCOLAR PARA O FINAL DE CURSO 2022-2023 E O SISTEMA DE AVALIACIÓNS  NA ESO .

A Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades aprobou novas modificacións do Calendario escolar para o curso 2022/2023. ORDEN de 27 de diciembre de 2022 ( DOG Nº4 do Xoves, 5 de xaneiro de 2023)

Salientamos seguindo a Orde as seguintes modificacións nas Sesións de avaliación que afectan onoso alumnado e que quedan redactados como segue:

«2. A sesión de avaliación final ordinaria do alumnado do primeiro curso do bacharelato e a sesión da avaliación final de módulos do alumnado do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico deberán realizarse a partir do día 5 de xuño de 2023.

3.As sesións de avaliación final extraordinaria do alumnado do bacharelato e do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico, a sesión de avaliación final do alumnado da educación secundaria obrigatoria, as sesións da avaliación final de ciclo do segundo curso dos ciclos da formación profesional básica e as sesións da avaliación final de módulos do alumnado dos ciclos formativos de formación profesional deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2023.

A sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidircoa sesión de avaliación final» “

Polo tanto, a organización do final do curso 2022-2023 nos distintos niveis do Centro será:

Para o alumnado de 2ºBAC:

  • A avaliación final ordinaria será no mes de maio, posiblemente o 19 xoves (a data ten que adecuarse ás datas previstas para a convocatoria ordinaria da ABAU, que será os días 6, 7 e 8 de xuño)
  • As probas das materias que non foran superadas na Avaliación ordinaria serán entre o 19 e o 21 de xuño
  • A Avaliación final extraordinaria será a partir do 22 de xuño de 2023
  • As clases rematan para todo o alumnado da ESO, de 1º BAC e o alumnado de 2º BAC con materias pendentes para a Avaliación extraordinaria, o 21 de xuño de 2023.
  • Lémbrese que, xa dende o curso pasado, non hai convocatoria de exames en setembro.

Para o alumnado de 1º BAC haberá dúas sesións de avaliación:

  • Avaliación final ordinaria (a data coincidirá coa terceira avaliación) e farase a partir 5de xuño
  • As probas das materias que non foran superadas na Avaliación ordinaria serán entre o 19 e o 21 de xuño
  • Avaliación final extraordinaria e farase a partir do remate das clases, o 21 de xuño.

Para o alumnado da ESO só haberá unha sesión de avaliación: 


  • Avaliación terceira que a súa vez coincidirá na data coa Avaliación final, e realizarase a partir do 22 de xuño.
  • O alumnado que non superara algunha parte dunha materia ao longo do curso, ten que realizar a/s proba/s ou actividades de recuperación, que os distintos Departamentos establecen nas súas Programacións, antes da data da Avaliación final.

Descarga da información en .pdf

.pdf

 [1] modificacions-fin-de-curso-2023.pdf

 

[2] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=5850

URLs neste artigo:
[1] modificacions-fin-de-curso-2023.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2023/02/modificacions-fin-de-curso-2023.p
df

[2] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.