- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES do Castro
Publicado por Alberte Zato o 3 Maio, 2023 @ 8:31 pm en Normalización e Dinamización Lingüística | Comentarios desactivados

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES do Castro é un organo consultivo e dinamizador e está integrado por profesorado de distintos departamentos, alumnado e persoal non docente do centro educativo.
Dentro do marco lexislativo que regula a utilización da lingua galega no ensino –Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, que desenvolve a Lei de normalización lingüística, e Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia-, o seu obxectivo principal é deseñar e levar a cabo propostas dinamizadoras coa finalidade de conseguir un uso normalizado e incrementar o uso da lingua galega no ámbito educativo e, deste xeito, favorecer as actitudes positivas de cara á lingua.
A bitácora [1] Na punta da lingua será o medio de visibilización das actuacións dinamizadoras e tamén o espazo onde se ofrecen recursos e materiais en lingua galega (dicionarios, correctores, vocabularios específicos etc) a disposición de toda a comunidade educativa.
[2]

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=5895
URLs neste artigo:
[1] Na punta da lingua: https://napuntadalingua-iesdocastro.blogspot.com/
[2] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.