- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Reunións das titorías coas familias dos diferentes cursos e niveis educativos
Publicado por Alberte Zato o 21 Setembro, 2023 @ 8:05 pm en Avisos urxentes | Comentarios desactivados

Co obxecto de ter un contacto máis directo coas familias do noso alumnado, dar información xeral sobre o plan tutorial de cada grupo e atender as preguntas que se poidan formular presentamos o calendario de reunións ás que animamos a acudir para unha mellor comunicación entre membros da comunidade escolar:
- Luns 25 de setembro, REUNIÓN TITORES/AS COAS FAMILIAS, para os cursos 1ºESO, 2ºESO e 3ºESO ás 18:30 h.
- Luns 2 de outubro, REUNIÓN TITORES/AS COAS FAMILIAS, para os cursos 4ºESO, 1ºBACH e 2ºBACH ás 18:30 h.
Desexamos a toda a comunidade escolar deste IES do Castro un bo curso e uns resultados académicos satisfactorios.
[1]
Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=6046
URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.