- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Convocatoria de inscrición nas Probas de Certificación e Acreditación Lingüística ECL no IES do Castro con axudas da Xunta da Galiza

Publicado por Alberte Zato o 24 Outubro, 2023 @ 3:54 pm en Convocatorias, Lingua Inglesa | Comentarios desactivados

english1.jpg

Segundo a RESOLUCIÓN DO 29 DE SETEMBRO DE 2023, DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE REGULA A XESTIÓN DE PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS EN CENTROS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES DURANTE O CURSO 2023/2024 dispoñíbel para descarga aquí

.pdf

[1] resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos_curso_2023-2024.pdf

O IES do Castro por medio do seu departamento de Lingua Inglesa abre o período de incrición para solicitar as axudas que permitan a gratuidade de ditas probas no instituto.

Características:  

  • Convocatoria para alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato.
  • As probas celebranse no IES do Castro organizadas e tuteladas por unha entidade certificadora da nosa elección en datas elexidas polo departamento de inglés que mellor conveñan.
  • Serán gratuitas para as familias coas axudas de 100 euros convocadas. (Nota: sugundo os acordos que se cheguen coa empresa certificadora)
  • Poderase obtar ao seguintes niveis ECL (sexan realistas, plz.)
    • B1,B2 e C1 (véxase o ligazón de información sobre estas certificacións).

Ligazón de interese

eclfejlec-eng-1170×1251.png

  • Como se estima que as inscricións superarán ás prazas concedidas seguirase un baremo para a selección das mesmas confeccionado no seu intre polo departamento de Lingua Inglesa e aprobado polo Consello Escolar.
  • O prazo de inscrición finaliza o día 31 de outubro de 2023 ás 14:00 horas.
  • A inscrición presentarase nun formulario oficial (dispoñibel para a súa descarga debaixo ou fisicamente na conserxería do instituto)

.pdf

[3] solicitude_inscricion_exames_certficacion-lingusitica-ingles-2023-2024.pdf

  • O formulario de inscrición entregarase:
    •  en man polo alumnado interesado ao profesor ou profesora de inglés de cada solicitante, 
    • ou ben ao xefe do departamento, Prof. Zato.
    • ou ben por correo-e  [4] ies.docastro@edu.xunta.gal  

 

  (Nota: esta convocatoria está dispoñíbel tamén para lingua francesa. Información no departamento de dita lingua)

[5] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=6055

URLs neste artigo:
[1] resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos_curso_2023-2024.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2023/10/resolucion_acreditacion_linguisti
ca_centros_publicos_curso_2023-2024.pdf

[2] https://eclexam.eu/exam-levels/: https://eclexam.eu/exam-levels/
[3] solicitude_inscricion_exames_certficacion-lingusitica-ingles-2023-2024.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2023/10/solicitude_inscricion_exames_cert
ficacion-lingusitica-ingles-2023-2024.pdf

[4] ies.docastro@edu.xunta.gal: mailto:ies.docastro@edu.xunta.gal
[5] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.