- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Importante xa en vigor: Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Educación sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

Publicado por Alberte Zato o 5 Xaneiro, 2024 @ 9:33 pm en Protocolo de TIC, Plan de Convivencia, Normas de organización e funcionamento, Avisos urxentes, Zona ANPAs, Zona Alumnado, Dirección | Comentarios desactivados

no-phone.png

 

RESUMO DA ORDE XA EN VIGOR:

 1. Nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que ofrezan algunha das ensinanzas reguladas na lei orgánica educativa en vigor, a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos.

2. Considéranse aos efectos deste protocolo como períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.

3. Os centros poderán establecer excepcionalmente normas para a correcta utilizacióndos dispositivos indicados como ferramenta pedagóxica, supervisada polo profesorado.

4. Exceptuarase desta restrición o emprego proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de oportunidade ou necesidade, médicas ou de outra índole, sempre e cando o motivo estea xustificado da maneira que se considere en cada caso atendidas as circunstancias, e así sexa autorizado pola dirección do centro, ou, de non ser isto posible, polo profesorado. 

Texto completo da Orde

.pdf

[1] orde_uso_mobiles.pdf

 

 

 

[2] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=6076

URLs neste artigo:
[1] orde_uso_mobiles.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2024/01/orde_uso_mobiles.pdf
[2] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.