- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Biblioteca e Día do Libro
Publicado por Xulio Dobarro o 22 Abril, 2009 @ 9:21 pm en Club de lectura, Biblioteca | Comentarios desactivados
Día do libro, 23 de abril de 2009
[1]
[2] W.Shakespeare
Miguel de Cervantes
É sabido que a elección deste día decidiuse pola coincidencia na data do pasamento dos dous autores.De ter que escoller alguén representativo dentro das Letras galegas de proxección universal, sen dúbida, elixiriamos a Rosalía de Castro (1837-1885).Por algo o día das Letras galegas (17 de maio) se escolleu en base á publicación da súa obra “Cantares gallegos”, en Vigo en 1863.
“ HAI QUE LER”?
As campañas levadas a cabo desde diferentes frontes, que pretenden fomentar a lectura entre os xoves, inciden na necesidade de que “Hai que ler”.Pois ben, segundo o ensaísta francés Daniel Pennac, “nosoutros lectores, concedémonos todos os dereitos, comenzando polos que lles negamos aos xoves que nós pretendemos iniciar na lectura, isto é:1-O dereito a non ler2-O dereito a saltar as páxinas3-O dereito a non rematar un libro4-O dereito a reler un libro5-O dereito a ler calquera cousa6-O dereito ao bovarismo7-O dereito a ler en calquera sitio
dereito a ler “ao rebusco”9-O dereito a ler en voz alta10-O dereito a calar Pois, se nós queremos que o meu fillo, a miña filla, a xuventude lean, é urxente outorgarlles os dereitos que nós nos concedemos a nós mesmos” (Como unha novela.Edit. Xerais) Polo tanto, e aínda sabendo que “Hai que ler”,non debemos convertir iso en dogma de fe e aplicármonos a máxima.
NOVAS
Como nova máis notable hai que destacar a posta en funcionamento da actual Biblioteca, tanto do local coma da dotación de servizos, ata agora máis limitados. Neste sentido, hai que reseñar que a distribución se fixo con criterios máis actuais, así, por exemplo, cóntase cunha zona exclusiva para consultas con soporte informático (catro terminais), hai un oco reservado a lectura informal de prensa, cómic, etc., así como un espazo para o traballo en grupo. A parte máis ampla está destinada ao estudo e consultas bibliográficas.Ademais, os andéis, na liña de traballo da Asesoría de Bibliotecas, foron reducidos en canto á altura e son de libre acceso para os usuarios para que deste xeito o alumnado poida realizar as consultas de maneira máis autónoma.Estase a traballar no expurgo de fondos e a dotar doutros máis actuais, tanto escritos coma audiovisuais. Que se saiba que o Plan de mellora da BB,ao que está acollido o Instituto, facilitou en boa medida este labor, ademais de incorporar a xestión daquela ao programa MEIGA.Neste intre xa se pode consultar desde casa se hai un determinado libro disponible para usar.
ALGUNHAS NOVIDADES EDITORIAIS:
Que saiba a Comunidade educativa do Ies do Castro que foi adquirido un fondo importante de películas en DVD e que xa están disponibles para emprestar. Asi mesmo, estase a ampliar a dotación de cómics,fondo de ficción actual e de consulta. Como algo moi actual destacaremos os seguintes títulos:
Cómic:
Lorenzo´s land. Edit. Panini
Don Juan Tenorio . Edit. SM
As serpes cegas. Edit. BDBANDA.
Poesía:M. Rivas: A desaparición da neve. Edit. Alfaguara
Ensaio:J. Antonio Marina: Palabras de amor. Edit. Temas de hoy.
Varios autores: Dicionario enciclopédico do pensamento galego. Edic. Xerais.
Ficción:
Cuentos curiosos de los cuatro rincones del mundo. E.Popular.
La puerta oscura (El viajero-I; El mal-II). Edit. SM
S. Meyer: The host (La huésped). Edit. Suma de letras
El ejército negro (I-II-III). Edit. SM // e moitos máis…
NOTA: Esta información vai ser publicada o Día do libro en soporte de papel, nunha especie de díptico, polo tanto, é moi ábreviada. Por iso, as persoas que estamos a traballar na Biblioteca o que perseguimos é darlle unha maior difusión ao noso labor de apoio á lectura dentro da tarefa educativa e animamos a toda a Comunidade educativa do centro a que visite a Biblioteca e que propoña actividades ou adquisición de materiais que respondan aos intereses da maioría.Hai moitas máis novidades en canto a todos os xéneros e, ao mellor, ata acertamos coas vosas preferenzas.Para ter un contacto directo cos libros tamén se van expoñer no lugar habitual algunhas desas novidades e proceder a un préstamo espontáneo para aqueles que queiran disfrutar de inmediato das novidades.
[5]Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=628
URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://images.google.es/imgres?imgurl=http://www.biografiasyvidas.com/monografia/cervantes/fotos/cer
vantes_juan_de_jauregui.jpg&imgrefurl=http://www.biografiasyvidas.com/monografia/cervantes/&
usg=__3SYU2GOpY_kfMgwOJy2Qb96OZAI=&h=300&w=340&sz=12&hl=es&start=1&um=1&
tbnid=sKILNBfrWsz3sM:&tbnh=105&tbnw=119&prev=/images%3Fq%3Dmiguel%2Bde%2Bcervantes%26hl%
3Des%26sa%3DN%26um%3D1
[2] Imaxe: http://images.google.es/imgres?imgurl=http://eplteen.files.wordpress.com/2009/03/shakespeare2.jpg&am
p;imgrefurl=http://eplteen.wordpress.com/2009/03/09/remains-of-shakespeares-first-theatre-found-outs
ide-london/&usg=__zIzeLpouFGoANwx0yRLozRTTyPk=&h=671&w=497&sz=58&hl=es&start
=3&um=1&tbnid=LgnGuoFg4nWKpM:&tbnh=138&tbnw=102&prev=/images%3Fq%3DShakespeare%2
6hl%3Des%26sa%3DN%26um%3D1
[3] Imaxe: http://images.google.es/imgres?imgurl=http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/rosaliadecastro/graf
/portada.jpg&imgrefurl=http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/rosaliadecastro/&usg=__Pc6M
0Hy7qZGa2qdid1xbqCfFGAg=&h=245&w=280&sz=40&hl=es&start=7&tbnid=nGqWWXWICH52x
M:&tbnh=100&tbnw=114&prev=/images%3Fq%3DRosal%25C3%25ADa%2Bde%2Bcastro%26gbv%3D2%26hl%3D
es
[4] : http://images.google.es/imgres?imgurl=http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/rosaliadecastro/graf
/portada.jpg&imgrefurl=http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/rosaliadecastro/&usg=__Pc6M
0Hy7qZGa2qdid1xbqCfFGAg=&h=245&w=280&sz=40&hl=es&start=7&tbnid=nGqWWXWICH52x
M:&tbnh=100&tbnw=114&prev=/images%3Fq%3DRosal%25C3%25ADa%2Bde%2Bcastro%26gbv%3D2%26hl%3D
es
[5] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.