- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Premios extraordinarios de bacharelato: información importante
Publicado por Alberte Zato o 7 Xuño, 2025 @ 9:02 pm en Zona Alumnado, Secretaría | Comentarios desactivados

Información importante para a realización da proba
As persoas convocadas aos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025 deberán ter en conta as seguintes indicacións:
• Para realizar a proba é imprescindible acreditar a identidade mediante DNI ou pasaporte.
• Unicamente se poderá utilizar bolígrafo con tinta indeleble azul ou negra. Prohíbese o uso de típex.
• Para os exercicios de matemáticas débese levar calculadora non programable e sen capacidade gráfica.
• Para o exercicio de Latín II débese levar dicionario latín-español/galego, que pode ter apéndice gramatical, pero non páxinas de contidos literarios.
• Para o exercicio de Debuxo Artístico II débense levar os seguintes materiais:
- Polo menos dúas láminas A3 de gramaxe 130 como mínimo.
- Lapis de grafito de diversas durezas ou carbón prensado.
- Materiais de escolla propia para técnica libre seca (cor).
- Spray fixador, aínda que unicamente pode empregarse, por parte do tribunal, no momento de entrega das láminas.
Resolución do 4 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se procede a establecer o horario e os lugares en que se realizará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025. (Véxase .pdf)

[1] premiosbac_2425_informacion_importante_-para_-a_-realizacion_da_proba.pdf
[2] premiosbac_2425_resolucion_lugares_con_anexo_g.pdf
[3]

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=6363
URLs neste artigo:
[1] premiosbac_2425_informacion_importante_-para_-a_-realizacion_da_proba.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2025/06/premiosbac_2425_informacion_impor
tante_-para_-a_-realizacion_da_proba.pdf
[2] premiosbac_2425_resolucion_lugares_con_anexo_g.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2025/06/premiosbac_2425_resolucion_lugare
s_con_anexo_g.pdf
[3] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.