- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Celebración das Letras Galegas e dos Maios

Publicado por Xulio Dobarro o 27 Maio, 2009 @ 7:13 pm en Club de lectura, Biblioteca | Comentarios desactivados

[1]

De Rosalía de Castro (1837-1885) a Ramón Piñeiro (1915-1990)

Diciamos no Cartafol anterior con respecto á celebración do Día do libro que se tiñamos que citar  algún nome con proxección universal dentro das Letras Galegas, indudablemente ese era o de Rosalía. Nesta ocasión é obrigado facer mención á súa obra polo significado que ten como primeira poeta homenaxeada no día escollido pola RAG para recoñecer o seu labor a prol da lingua galega no xa ben lonxano 1963. Imos xa pola cuadraxésima sétima edición das Letras Galegas, mais non parece que esa suposta madurez se vexa reflectida nunha estabilidade, modernidade e normalización da lingua e das artes en xeral.  Nesta edición é obxecto de homenaxe RAMÓN PIÑEIRO, unha persoa que conecta en boa medida coa obra de Rosalía, porque  foi un dos pensadores e ensaístas que  adicou parte da súa andaina e das súas reflexións a  discernir algúns dos temas máis complexos da autora (A saudade en Rosalía, Filosofía da saudade, Significado metafísico da saudade, A lingoaxe e as lingoas, etc)  A RAG dixit:Os seus traballos sobre pensamento e filosofía […] supuxeron no seu momento un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, superando a súa cualificación como lingua “rural e poética” na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois da posguerra. — 

BREVES:

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS E DOS MAIOS:

Como  xa é tradición neste mes de Maio celébranse conxuntamente o Día das Letras galegas e o dos Maios. Nesta ocasión con algo de retraso, pero en todo caso sen renunciar aos bos costumes. As últimas horas da mañá  do venres 22 serviron para varias cousas, entre elas a interpretación dalgunhas coplas por parte do alumnado e para disputar algún partido de fútbol sala ou disputar un torneo de Chave. As coplas nesta edición foron escasas e a estrutura tampouco estivo moi  traballada, pero, en todo caso serviu para reafirmármonos un ano máis neste tipo de eventos.

O DÍA DO LIBRO E O CLUB DE LECTURA

 A presentación das novidades da Biblioteca nun lugar máis visible serviu de estímulo para incorporar novos ou fidelizar a vellos lectores. O libro máis solicitado foi o dos Récords, e, a curta distancia a narrativa de S. Larson coa triloxía de Millenium ou de S. Meyer e de M. Rivas. Algúns xa están  a preguntar cando vai recibirse a última  entrega da saga: La reina en el palacio de las corrientes de aire

Con motivo deste día O Club de lectura repartiu entre os lectores a camiseta oficial e informou sobre as actividades do mesmo. Así, no que vai de curso téñense posto en común tres obras: O único que queda é o amor de A. Fernández Paz, Paraíso inhabitado de Ana Mª Matute e La joven de azul jacinto de S. Vreeland.

ENTRE NÓS

Esta sección do boletín serve para informar daquelas persoas que ao longo  do curso teñen participado con nós na presentación dalgunha obra súa. Así, no que levamos andado, e froito da colaboración de editoriais e os departamentos de Lingua galega e castelá, puidemos escoitar de primeira man as opinións de J. Gisbert, O Leo de Matamá ou a M. A. Murado.

NOVIDADES BIBLIOGRÁFICAS

Así como no boletín anterior predominaban as novidades en castelán, nesta ocasión e por tratarse do mes de Maio, déuselle preferencia ás de lingua galega, aínda que non con carácter exclusivo, nin nun caso nin outro.

R. Piñeiro: Filosofía da saudade. Edit. Galaxia             Beatriz G: Vda e obra de R. Piñeiro: Galaxia

R. Villar: A praia dos afogados. Galaxia                        Varias: Tres mulleres galegas de armas tomar. Baía.

X.L. Méndez Ferrín: Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. Xerais.

J. Viale M: Negra sombra! Negra sombra. Consorcio editorial

X.Ríos Paredes: Galicia solidaria. Xerais

C.G. Reigosa: Laxeiro por si mesmo. Xerais

Varios: Plantas medicinais de Galiza; As montañas de Galiza; A Galiza castrexa; Auga e pedra; A costa de Galiza : A Nosa terra.

A.Lois Leiro: Galiza, camiño do sol .A nosa terra.

OUTROS:

S. Thorpe: Pensar como Einstein. Booket

P.Giordano: La soledad  de los números primos. Salamandra

M.Kaku: Física de lo imposible. Debate

F.M. Serra: Diccionario de mineralogía en el mundo clásico. Ellago ediciones.

S. Weinberr: Los tres primeros minutos del niverso. Alianza

T.Konstant: Técnicas de lectura rápida. Booket

H.Reeves: Crónica de los átomos y de las galaxias. Alianza

M.D. Davis: La teoría de los juegos. Alianza.

REVISTAS DE PERIODICIDADE MENSUAL COMO SUBSCRIPTORES: National Geogrphic; PC Today; Muy interesante e Historia.

DVDs: Hai un fondo importante de materiais en soporte audiovisual que se poden levar en préstamo ou visionar na propia Biblioteca.

ADVERTENCIA: Todas estas iniciativas son froito do traballo dun grupo de profesorado involucrado na posta a punto da Biblioteca. Non nos cansaremos de repetir que é moi importante que todas as persoas que integramos a comunidade educativa do centro, deberían facernos chegar propostas de traballo ou de adquisicións de materiais que pola razón que sexa non nos resultan coñecidos.

Un díptico con información semellante a esta foi publicado na Semana das Letras Galegas, o cal implementamos neste artigo para a súa visión directa…

Para ve-lo Díptico a toda pantalla clique en calquera páxina do documento. Para aumentar o seu tamaño de visionado, volva a clicar na pantalla. Para saír de pantalla completa, prema na tecla ESC.

(Implementación de Alberte Zato).
[2] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=697

URLs neste artigo:
[1] : http://images.google.es/imgres?imgurl=http://www.laregion.es/resize.php%3Fpic%3Dimagenes/elementos/8
92_ros0001.JPG%26tipo%3D350&imgrefurl=http://www.laregion.es/noticia/50874/Faktor%25EDaK/edici%2
5F3n/libro/D%25EDadelaPoes%25EDa/&usg=__gRSZZ6ck_O2mB6tdXPX7r_ZZ23U=&h=317&w=350&sz=
24&hl=es&start=5&tbnid=zPI19eud7S7-tM:&tbnh=109&tbnw=120&prev=/images%3Fq%3D
Rosal%25C3%25ADa%2Bde%2Bcastro%26gbv%3D2%26hl%3Des%26sa%3DG

[2] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.