- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Deportes de competición

Publicado por Isabel Flores o 4 Xuño, 2009 @ 3:22 pm en Zona Alumnado | Comentarios desactivados

Un grupo de alumnas e alumnos de CAS, que tamén son deportistas con experiencia en competicións de diverso ámbito, falaron para o alumnado de 2º ESO na sala de conferencias do centro, o pasado día 27 de maio. A actividade consistiu nunha presentación oral con soporte dixital sobre os deportes que practican cada unha destas persoas, como e onde practicalos,  os valores que reforzan, as vantaxes que lles reportan … Entre os seus obxetivos estaban a difusión do deporte e a concienciación a outras persoas da importancia da vida activa e sana.

Na foto podemos ver o inicio da charla, con explicación do que é o BI, as actividades CAS e o tipo de proxectos a realizar nas mesmas …
[1] mesa presentación

Nestas fotos podemos ver ao público asistente
[2] público-profe [3] publico.JPG [4] publico2.JPG

[5]

O equipo CAS que levou adiante este proxecto está constituído polas seguintes persoas

baloncesto Bran López Luengo xogador do equipo campión de liga de Vigo-árbitro
triatlón Pablo García CondeRicardo Márquez Avión 4º posto en campionato galego, participantes en varios campionatos rexionais
golf Julia Vila Díaz-Salgado tres veces campioa galega, membro da selección galega
natación(e tenis) Emilio González Quintas oito veces subcampión galego, seis 3ºs postos, membro da selección galega
atletismo Sara Suárez Gonzalo campioa galega (velocista), selección galega
vela Beatriz Lence Massa seis veces campioa galega, dúas veces subcampioa, nova promesa olímpica, subcampioa nacional e clasificada no campionato europeo

 

Algúns momentos das presentacións
[6] emilio-natacion7.JPG [7] emilio-natacion2.JPG [8] julia-golf3.JPG
[9] julia-golf2.JPG [10] triatlon4.JPG [11] triatlon 3
[12] bran-baloncesto
Desgraciadamente, certas dificultades organizativas e de disciplina desluciron o acto e impediron que o alumnado escoitara as intervencións de Beatriz e Sara.
[13] beatriz-e-sara.JPG

A actividade incidiu na mellora da capacidade comunicativa do alumnado organizador, entre outras vantaxes. A dificultade da presentación a un público ‘non interesado’ inicialmente, convertíuse no maior desafío, que lograron solventar en boa medida. A experiencia foi en xeral positiva, xa que lles permitiu enfrentarse a situacións inesperadas e autoafirmarse na súa capacidade e coñecementos sobre os temas tratados. Estas son as presentacións ‘Powerpoint’ que cada persoa preparou sobre cada un dos deportes que practica:

Instruccións de visionado: Clíque sucesivamente nas frechas de avance de páxina para ver o seu contido. Tamén pode clicar por enriba da presentación para avanzar. Para vela a pantalla completa, clique na icona ‘Full Screen’ ao pe da mesma: pulse ESC para saír da pantalla completa.

Atletismo

Baloncesto

Golf

Tenis e Natación

Triatlón

Vela

[14] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=721

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/mesa-presentacion.JPG
[2] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/publico-profe-ef.JPG
[3] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/publico.JPG
[4] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/publico2.JPG
[5] : http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/mesa-presentacion.JPG
[6] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/emilio-natacion7.JPG
[7] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/emilio-natacion2.JPG
[8] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/julia-golf3.JPG
[9] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/julia-golf2.JPG
[10] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/triatlon4.JPG
[11] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/triatlon3.JPG
[12] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/bran-baloncesto.JPG
[13] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2009/06/beatriz-e-sara.JPG
[14] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.