- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
O himno académico ‘Gaudeamus Igitur’ e o seu protocolo
Publicado por Alberte Zato o 6 Xuño, 2009 @ 1:22 am en Taboleiro Transversal | Comentarios desactivados
Este himno académico par excellence et tradition débese escoitarse e cantar de pe ao termo dun acto de carácter educativo institucional inaugural ou de entrega de diplomas ou títulos. É importante que os futuros novos universitarios (é dicir, os bachilleres aspirantes) se acostumen xa a este protocolo e liturxia aínda observada e mantida na Universidade con orgullo e respecto.
No último acto de despedida do alumnado de 2º de Bacharelato non foi moi xeitoso ver coma a meirande parte dos asistentes (pais, nais e alumnado) permaneceron sentados durante a interpretación do noso himno, recoñecido, respectado e tido como tal internacionalmente por todo o mundo do ensino.
Gaudeamus igitur,
iuvenes dum sumus. (bis)
Post iucundam iuventutem,
post molestam senectutem,
nos habebit humus.Ubi sunt qui ante nos
in mundo fuere? (bis)
Vadite ad superos,
transite ad inferos,
ubi iam fuere.Vivat Academia,
vivant professores. (bis)
Vivat membrum quodlibet,
vivant membra quaelibet,
semper sint in flore.Vita nostra brevis est, breve finietur.
Venit mors velociter,
rapit nos atrociter,
nemini parcetur.Vivat nostra societas!
Vivant studiosi!
Crescat una veritas,
floreat fraternitas,
patriae prosperitas.Vivat et Republica,
et qui illam regit.
Vivat nostra civitas,
Maecenatum charitas,
quae nos hic protegit.Pereat tristitia,
pereant osores.
Pereat diabolus,
quivis antiburschius,
atque irrisores.Alma Mater floreat
quae nos educavit,
caros et conmilitones
dissitas in regiones
sparsos congregavit.Alegrémonos pois,
mentres sexamos novos.
Tra-la divertida mocidade,
tra-la incómoda vellez,
recibiranos a terra.Onde están os que antes que nós
pasaron polo mundo?
Subide ao mundo dos ceos,
descendede aos infernos,
onde eles xa estiveron.Viva a Universidade,
viva o profesorado.
Vivan todos e cada un
dos seus membros,
refulxan sempre.A nosa vida é curta,
en breve acábase.
Vén a morte velozmente,
arrástranos cruelmente,
non respecta a ninguén.Viva a nosa sociedade!
Vivan os que estudan!
Que creza a única verdade,
que floreza a fraternidad
e a prosperidade da patria.Viva tamén o Estado,
e quen o dirixe.
Viva a nosa cidade,
e a xenerosidade dos mecenas
que aquí nos acollen.Morra a tristeza,
morran os que odian.
Morra o diaño,
calquera outro monstro,
e quen se burlan.Floreza a Alma Mater
que nos educou,
e reuniu aos caros compañeiros/as
que por rexións afastadas
estaban dispersos/as.
[3]Escoite a versión completa:
Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=740
URLs neste artigo:
[1] Please install the newest Flash Player: http://www.adobe.com/de/
[2] http://www.protocolo.org/voces/GI02.mp3: http://www.protocolo.org/voces/GI02.mp3
[3] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.