- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Save The Frog

Publicado por Isabel Flores o 10 Outubro, 2009 @ 7:54 pm en Sen categorizar | Comentarios desactivados

p051009_1836.JPG

Un grupo de alumnas e alumnos de 2ºE, do Bacharelato Internacional, están levando a cabo, dende o mes de setembro, un proxecto de concienciación sobre a necesidade da reciclaxe no noso centro. Este proxecto entra dentro do seu marco de actividades CAS, e consta de diferentes partes.

A primeira foi impartir charlas a todo o alumnado do centro para destacar a importancia da reciclaxe para o coidado do noso planeta, tan afectado na actualidade por fenómenos como o quecemento global.

E a segunda, poñer en marcha no instituto a reciclaxe de todo o papel que se emprega. Para isto, o grupo de persoas que forman parte da iniciativa prepararon durante o verán unha serie de caixas para poñer en tódalas aulas e poder utilizalas como papeleiras de reciclaxe. Ademais, levarase a cabo unha labor de recollida e vaciado destas papeleiras durante todo o curso.

Con este proxecto preténdese formar, a longo prazo, persoas conscientes da labor importantísima que se pode facer polo noso planeta dende a nosa comunidade, aínda que só sexa clasificando os nosos refugallos diarios.

Durante este proxecto, o grupo organizador disfrutou moito da preparación, e esperamos que teña un resultado exitoso. E para isto o único que se precisa é a colaboración do alumnado e do profesorado.

Grazas, Save the frog.

p051009_183501.JPG

(texto de Bran López Luengo e María Bragado Paz)

[1] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=841

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.