- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
A conxuración de Catilina II
Publicado por XiaoRoel o 23 Novembro, 2009 @ 4:11 am en Latín | Comentarios desactivados
Así pois, nun principio os reis – pois na terra este foi o primeiro nome do poder-, cada un ao seu xeito, os uns exercitaban o inxenio, os outro o corpo: tamén entón a vída dos homes pasábase sen ambición, a cada quen abondábanlle as súas cousas. Pero, despois de que Ciro en Asia, os lacedemonios e atenienses en Grecia encetaran a someter cidades e nacións, a ter por causa de guerra o pracer de dominar, a considerar a maior gloria no maior poder, só entón prevalecei na guerra o inxenio, adestrado no perigo e nas angueiras. E se a virutde de ánimo de reis e emperadores valese tanto na paz como na guerra, as cousas dos home manteríanse máis equilibradas e consistentes, e non verías nen trastocárense as cousas, nen mudar e mesturarse todo. Pois doadamente retense o poder con tales artes, xunto coas que desde o comezo foi parido. Pero cando irrumpen en troques do traballo a desidia, en troques da continencia e da equidade a ambición e a soberbia: a fortuna muda á par dos costumes. Así, o poder sempre pasa do menos válido a outro mellor.
O que os homes aran, navegan, edifican, todo obedece á virtude. Pero moitos mortais, dados ao bandullo e ao sono, pasan a vida como ambulantes, ignorantes e incultos: a estes realmente o corpo servíulles de pracer, o espírito de canga. Eu considero xustas as súas vida e morte, porque dunha e doutra gárdase silenzo. Pois en verdade penso que só vive e disfruta do espírito aquel que, dedicado a algunha actividade, procura a fama das fazañas ilustres ou das boas artes. Pero na gran abondanza das cousas, a cadaquén a natureza amosa o seu camiño.
[1]Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=949
URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.