- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

A conxuración de Catilina IIII

Publicado por XiaoRoel o 23 Novembro, 2009 @ 4:13 am en Latín | Comentarios desactivados

Así pois, cando o ánimo acougou das moitas miderias e perigos e decidiu que había pasar o resto da vida lonxe da cousa pública, non foi a decisión perder un bo ocio na despreocupación e na desidia, nen tamén pasar a vida cultivando o campo ou cazando, dedicado a oficios servís; senón que, volto ao ese proxecto e afección do que me afastou a ma ambición, decidín escreber por capítulos os feitos importantes do pobo romano segundo como cada un deles parecía digno de memoria, pero por isto, porque para min o espírito estaba libre de esperanza, de medo, de banderías políticas. Así pois, falarei sobre a conxuración de Catilina, o máis verazmente que poida con poucas palabras, pois considero eu estes feitos memorábeis pola novidade do crime e do perigo. Dos costumes deste home cumpre explicar unhas poucas cousas antes de que dea comezo á narración.

[1] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=951

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.