- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Así aprendemos a contar (vídeo)

Publicado por Ramón o 1 Decembro, 2009 @ 6:13 pm en Matemáticas | Sen comentarios

[1] blip.tv  [2] Redes 11: Así aprendemos a contar (29 min)

O astrónomo Galileo Galilei dixo que “as matemáticas son o alfabeto co cal Deus escribiu o universo” para reflectir que os números están detrás de todas as actividades propiamente humanas: a agricultura, a gandería, a arte e ata a filosofía. Desde o inicio, as matemáticas tiveron unha relación íntima coa vida en comunidade. Naceron a partir de necesidades prácticas como a medida de campos, a administración de rabaños ou a observación dos astros. O uso de números para todos esas actividades fíxose sistemático xa nas primeiras civilizacións.

[3] Joe Dauben, historiador da ciencia do City University de Nova York, é un dos matemáticos que mellor soubo explicar porqué as matemáticas xurdiron para resolver problemas moi concretos e cotiáns da xente e explícalle a Eduard Punset os momentos clave dese desenvolvemento.

Xavier Roqué, físico e historiador da ciencia da Universidade Autónoma de Barcelona, amplía as ideas de Dauben e dános exemplos da aplicación das matemáticas na agricultura. Eduard Resina, director do departamento de teoría, composición e dirección do ESMUC explica como a matemática está detrás da gloria da música e Jaume Serrallonga, arquitecto que traballa no construción do templo da Sacra Familia, en Barcelona, ilustra como Gaudí decantouse polas matemáticas e a xeometría para explicar ás xeracións futuras como poder terminar a construción do templo.

Redes   Emitido en TVE 2  tve 2  o 14 de setembro de 2008.

[4] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=973

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://smartplanet.blip.tv/file/1262453/
[2] Redes 11: Así aprendemos a contar (29 min): http://smartplanet.blip.tv/file/1262453/
[3] Joe Dauben: http://web.gc.cuny.edu/history/pages/profs/dauben.html
[4] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.