- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Nadal de Libros 2009

Publicado por Xulio Dobarro o 14 Decembro, 2009 @ 10:13 pm en Club de lectura, Biblioteca | Comentarios desactivados

NADAL DE LIBROS 2009

Esta escolma que se presenta neste cartafol non pretende que estean reflectidas todas as novidades bibliográficas nin todas as preferencias persoais. Ademais, calquera selección que se propoña sempre garda o risco de que as persoas que a realicen dean preferencia aos seus gustos ou intereses. Neste caso procuramos ter presente o antedito e suxerir aquilo que, ao noso entender e con toda a modestia,  pode axudar a escoller un libro para estes días de lecer e de festas.

Son moitas as novidades, non só desde o punto de vista que as entendemos como de novas publicacións, senón que tamén este ano está a ser novidoso de maneira especial polo soporte empregado para a lectura. Estámonos a referir ao libro dixital que empeza a ter presenza xunta ao libro tradicional en  soporte papel. A opinión máis estendida entre os expertos é que, do mesmo xeito que convive o xornal dixital co formato tradicional en papel, todo parece indicar que no caso do libro sucedería algo similar, é dicir, que por bastante tempo terían presenza as dúas versións e sen deixar de recoñecer que iso é imparable e que probablemente o libro de texto sexa o que máis cedo se pode ver implicado. Os soportes electrónicos para recibir os contidos dos libros pasan por diferentes modelos e comercialízanos varias canles (Kindle de Amazon, Sony reader, Grammata papyre, Cybook, etc.), pero todo fai pensar que pronto poden quedar desfasados e seren substituídos por telefonía móbil, iTunes, Iphone, etc.

Para os nostálxicos do olor a tinta e papel hai quen propón que os equipos informáticos poidan incorporar eses matices.

ESCOLMA DOS 101 LIBROS

Desde hai un tempo para acá están de moda certas publicacións  que propoñen 1001 sitios que hai que visitar, 1001 películas que hai que ver, 1001 libros que hai que ler, antes de pasar a mellor vida. Pois ben, desde a Biblioteca do Instituto propoñemos que sexan lidos os 13000 exemplares existentes  naquela e que nesta ocasión imos reducir a  algúns que están e outros que non e que presentamos como ESCOLMA DOS 101 para estas festas ou para cando non o sexan.

 Empezaremos por suxerir un título que ten que ver co ensino, a boa educación, “o savoir faire que dicimos os galegos.Pero abofé que che será de grande axuda para chegares a ser a persoa educada e civilizada que a humanidade necesita que sexas” :Etiqueta para toda/o s” da nosa compañeira Irene Pérez Pintos. Edic. Xerais.Vigo 2009.

Por outro lado, advertir que algúns dos máis lidos ao longo deste ano que está para rematar só lembraremos os seus nomes porque xa están sobradamente publicitados por iniciativa das empresas editoras e, tamén é certo, polos propios lectores. Estamos a pensar en S. Meyer coa  súa tetraloxía  e  a S.Larson coa súa triloxía ou mesmo en versión castelá “La playa de los ahogados” do escritor vigués D. Villar.

No anterior cartafol xa se informou das novidades de Novembro e por iso non repetiremos aquí o que xa se dixo e que se pode consultar na páxina Web do centro.

NARRATIVA-ADULTOS E XOVES:

Ángeles Caso: Contra el viento. Edit. Planeta. (Premio 2009)

J. Saramago: Caín: Ed. Alfaguara

Ildefonso Falcones: La mano de Fátima. Ed. Grijalbo

Isabel Allende: La isla bajo el mar. Ed. Plaza&Janés

Rosa Aneiros: Sol de Inverno. Edit. Xerais. (Premio Xerais 200 9)

P.Coelho.El vencedor está solo.  Edit. Planeta

Marina, J. Antonio e :La conspiración de las lectoras.Edit. Anagrama

Murakami: El fin del mundo y un despiadado país de las maravillas. Tusq.

Muñoz Molina: La noche de los tiempos.” Un día de finales de octubre de 1936 el arquitecto español Ignacio Abel llega a la estación de Pennsylvania, última etapa de un largo viaje desde que escapó de España, vía Francia, dejando atrás a su esposa e hijos, incomunicados tras uno de los múltiples frentes de un país ya quebrado por la guerra. Durante el viaje recuerda la historia de amor clandestino con la mujer de su vida y la crispación social y el desconcierto previo que precedieron al estallido del conflicto fraticida. “ Edit. Seix-Barral.

H.Mankell: EL HOMBRE INQUIETO (El adiós de Wallander). Edit. Tusquets

P. Giordano: La soledad de los números primos. Edit. Salamandra«En una clase de primer curso Mattia había estudiado que entre los números primos hay algunos aún más especiales. Los matemáticos los llaman números primos gemelos: son parejas de números primos que están juntos, o mejor dicho, casi juntos, pues entre ellos media siempre un número par que los impide tocarse de verdad. Números como el 11 y el 13, el 17 y el 19, o el 41 y el 43. Mattia pensaba que Alice y él eran así, dos primos gemelos, solos y perdidos, juntos pero no lo bastante para tocarse de verdad.»

PARA MÁIS XOVES

Javier Pelegrín: La puerta de Caronte. Edit. Anaya

Maite Carranza: La maldición de Odi (3ª entrega). Edit. Edebé

Roberto Pavanello: Las escalofriantes aventuras de BatPat. Ed. Montena

Tonya Hurley: Ghostgirl.El regreso. Edit. Alfaguara

Knister: Kika superbruja en el país de Liliput.Ed. Bruño

G. Stilton: Misterio en París. Ed. Destino.

E. Gnome: Fairy Oak. Ed. Destino

Pseudonimus Bosch: Este libro  es secreto.Edit.Grijalbo

Maya Faig: La elegida.Edit. Destino

Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches. Edi. Factoría K de libros

Artur Balder: Curdy y  el cetro de Carlomagno. Edit. Montena

Fernández Flórez:O bosque animado. Ed. Xerais

Agustín Fdez. Paz: Lúa do Senegal. Edit. Anaya

NOVELA  HISTÓRICA:La traición de Roma  (Santiago Posteguillo). Los idus de Marzo (W. Thorton)

Anatomía de un instante (Javier Cercas). Fin de século en Palestina (M. Anxo Murado).Xin Ran:Generac.Mao(Planeta)

ENSAIO:El siglo de la ciencia/Nuestro mundo al decubierto (Javier Sampedro)   Breve historia del leer.Los diez grandes inventos de la   evolución.El científico camufaldo. La piedra filosofal. : Edit.Ariel. El espejo del tiempo (Edit. Taurus). Enerxías alternativas (Edit. Progensa).

 GUÍAS:Guía micolóxica dos ecosistemas (Edit. Bahía).Guía das plantas de Galicia (Edic. Xerais) de X. Ramón García.

Guías de lecturas : Alonso Girgado: El Alehp; Plenilunio; La voz a ti debida (Edit. Follas novas) en Biblioteca. Recomendados para Bacharelato

Como xa diciamos ao principio non están todos os que son, nin se pretende que esta escolma sexa definitiva e única pero o espazo é limitado e non podemos engadir outros moitos que si deberían estar.As posibilidades de consulta son case ilimitadas nas diferentes páxinas  en liña de librerías, editoriais, bibliotecas, etc.Por exemplo a rede de bibliotecas de Galicia a través do Proxecto Meiga que serve de soporte á maioría da rede pública de bibliotecas da Comunidade Autónoma. Como diciamos no formato en papel que se distribúe entre a comunidade educativa do Ies do Castro: FELICES LECTURAS !

[1] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=984

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.