FAQ BI

IB 150

Imos tentar respostar neste FAQ (Frequently Asked Questions) as dúbidas máis frecuentes sobre este Programa que se imparte no IES do Castro

 

Si desexa recibir máis información faga clic aquí

 

De que falamos cando falamos do Bacharelato Internacional?

En primeiro lugar, convén distinguir a Organización do Bacharelato Internacional dos seus programas. No IES do Castro desenvolvemos o Programa do Diploma, un dos programas educativos da Organización do Bacharelato Internacional. Este programa é o que chamamos comunmente “Bacharelato Internacional”.

 

Que quere dicir, entón, que o IES do Castro estea autorizado para impartir o Programa do Diploma?

O IES do Castro ten pasado un proceso de preparación e avaliación supervisado pola Organización do Bacharelato Internacional (IB) do que resulta a autorización para impartir o Programa e ser considerado Colexio do Mundo.

Web oficial do Bacharelato Internacional:

www.ibo.org/es

 

Que é o programa do Diploma?

O Programa do Diploma, en palabras do IB, “é un currículo esixente e estimulante de dous anos de duración, dirixido ó alumnado de 16 a 18 anos.

O programa aporta ó alumnado moito máis que coñecementos. Trátase dunha preparación para a universidade na que aprenderan a:

  • formular interrogantes complexas

  • aprender a aprender

  • desenvolver unha forte identidade persoal e cultural

  • desenvolver a capacidade de comprender as persoas doutros países e culturas, e comunicarse con elas.”

É compatible o Programa do Diploma co Bacharelato LOE?

O alumnado do Bacharelato Internacional cursa ao mesmo tempo as dúas opcións de bacharelato, de maneira pode obter as dúas titulacións. Na maioría das materias hai unha coincidencia total ,de forma que non existe problema en compatibilizar a preparación dos exames do Diploma co seguimento dos cursos do bacharelato LOE.

Tamén existe a posibilidade de que un alumno ou alumna decida,rematado primeiro curso, optar por seguir cursando só a opción LOE en 2º de bacharelato (neste caso non podería presentarse ás probas do Diploma).

 

En que linguas se imparte o Programa do Diploma?

O Programa pode impartirse en español, francés e inglés.

No IES do Castro, impártense tódalas materias do Diploma en español. Das materias non incluídas no Diploma, cursaranse en galego as necesarias para cumprir co decreto de normalización.

 

Que estudan os/as estudantes do Programa do Diploma?

O currículo contén seis grupos de materias e un tronco común que consta de tres compoñentes independentes.

Grupos de Materias do BI

O alumnado prepara seis materias que elixen das dispoñibles nos seis grupos de materias. Normalmente tres materias estúdanse a Nivel Superior (240 horas lectivas por materia), e as outras tres a Nivel Medio (150 horas lectivas por materia).

Os tres compoñentes do tronco común —Monografía; Teoría do Coñecemento; e Creatividade, Acción e Servizo— son obrigatorios e constitúen o eixo central da filosofía do Programa do Diploma.

 

Cal é a oferta de materias do IES do Castro?

O alumnado que curse o Programa do Diploma terá as seguintes materias:

Bacharelato Científico-Técnico Bacharelato Ciencias Sociais
GRUPO 1 Lingua A1 (NS) Lingua A1 (NS)
GRUPO2

Inglés (NM)

Francés (NM)

Inglés (NM)

Francés (NM)

GRUPO 3 Filosofía (NS)

Filosofía (NS)

Historia (NS)

GRUPO 4 Matemáticas (NM) Estudos Matemáticos (NM)
GRUPO 5 (*)

Bioloxía (NS)

Química (NS)

Física (NM)

Bioloxía (NM)
GRUPO 6 A materia deste grupo substitúese por unha do grupo 5 A materia deste grupo substitúese por unha do grupo 3

(*) No segundo curso terán que optar entre Bioloxía e Química nos exames BI

Ademais deberan elaborar unha MONOGRAFIA, seguir un curso de Teoría do coñecemento de 100 horas e participar nas actividades de Creatividade, Acción e Servizo(150).

 

En que consiste a Monografía?

A Monografía -un traballo escrito que non debe superar as 4.000 palabras- ofrece ós estudantes a oportunidade de investigar un tema no que estean interesados especialmente, á vez que os familiariza coa investigación independente e o tipo de redacción académica que atoparán máis adiante na universidade.

 

En qué consiste a Teoría do Coñecemento?

TdC é un curso (non exactamente unha materia) interdisciplinario concibida para desenvolver un enfoque integrado e coherente da aprendizaxe mediante a exploración da natureza do coñecemento nas distintas disciplinas e, ademais, estimula a apreciación doutras perspectivas culturais.

 

En que consisten as actividades CAS?

O IB ten como meta a formación integral do alumnado. As actividades CAS conforman unha parte clave neste proceso fomentando o desenvolvemento creativo, físico e social do alumnado a partir das súas experiencias de traballo cooperativo. A través de CAS, o alumnado tomará parte en actividades artísticas, deportivas e de servizo á comunidade. O centro organizará e supervisará actividades de maneira que tódolos alumnos e alumnas poidan cumprir coas 150 horas esixidas.

Ver síntese da programación en http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=449

 

Como se avalía o alumnado?

A avaliación do programa do Diploma realízase ao remate dos dous anos de Bacharelato. Porén, o alumnado será avaliado tamén nas materias correspondentes do bacharelato LOE. Recibirán, por tanto, os seus informe de avaliación trimestrais, notas finais de 1º de Bach. e de 2º de Bach.

O Programa do Diploma será avaliado de forma interna e externa:

Avaliación interna

O profesorado do centro avalía unha porcentaxe que oscila entre o 20% e o 30% nas diferentes materias, correspondente a traballos individuais entregados como parte do traballo do curso. Exemplos destes traballos serían: exercicios orais, proxectos, cartafoles, presentacións en clase, prácticas de laboratorio, investigacións matemáticas, etc.

 

Avaliación externa

  • Algunhas tarefas de avaliación son dirixidas e supervisadas polos los profesores , pero son corrixidas por examinadores externos. Exemplos disto serían: traballos escritos de literatura mundial de Lingua A1, tarefas escritas de Lingua A2, ensaios de Teoría do Coñecemento e a Monografía.

  • A maior parte da avaliación das materias realizase por medio de exames finais corrixidos por examinadores externos.

O sistema de cualificación baséase en criterios de avaliación previamente establecidos no Programa do Diploma

Recoñecen as universidades o Diploma do BI?

Moitas universidades no mundo recoñecen directamente o Diploma como requisito de acceso. En España, o Ministerio ven autorizando o Diploma como vía de acceso á Universidade. Un trámite de convalidación da fase xeral se realiza automaticamente na UNED (Universidade a Distancia), sendo necesario realizar as probas da fase específica.

Porén, como os resultados do Programa do Diploma non se coñecen ata principios de xullo, o alumnado preséntase tamén ás probas de Selectividade na fase xeral co obxecto de non perder unha oportunidade.

A maioría das universidades valoran moi positivamente o feito de que un alumno/a teña cursado certas materias do Programa(en función da carreira elixida), aínda que non teña superado o Diploma.

 

Como se financia o Programa do Diploma no IES do Castro?

A Organización do Bacharelato Internacional cobra unha taxa anual por centro e outra por cada alumno matriculado. O IES do Castro como centro público non vai cobrar ningunha cantidade ó seu alumnado. O financiamento realízase mediante convenio polas Consellerías de Educación e de Pesca.

 

Cantos alumnos poderán cursar o Programa do Diploma?

O IES do Castro dispón de 30 prazas das que 4 serán de reserva para os fillos de funcionarios da Axencia Europea de Pesca. Caso de non ser ocupadas, quedarán á disposición do resto do alumnado.

 

Como se pode acceder ó Programa do Diploma?

Tódolos alumnos que teñan o título de Graduado en Secundaria, poden solicitar praza no IES do Castro. O único criterio de selección será o expediente académico.

 

Cal é o perfil do alumnado do Programa do Diploma?

Aínda que ter un bo expediente académico é necesario, o máis importante é estar disposto a realizar un traballo intenso e coherente, ter gana de aprender e de cooperar con outros. O perfil da comunidade informa dos obxectivos que se perseguen .

Perfil da comunidade de aprendizaxe

Os aprendices e aprendizas de IB responden a estas características:

Indagan, investigan

Están informadas e instruídas

Pensan

Comunican ben

Reflexionan

Son persoas íntegras

Tolerantes e de amplas miras

Persoas solidarias

Persoas audaces, que asumen riscos

Persoas equilibradas

 

Para completaren a información faga clic aquí

 

Imprimir esta Páxina Imprimir esta Páxina