Foro


Debe estar conectado para publicar
  • Guests disallowed
Conexión

Vive Vigo en Bici

Tema

    12:21 pm - 8 Abril, 2012
    Erasmo Moderador

mensaxes 265

 

Espléndida iniciativa para disfrutar da nosa cidade en bicicleta !!!

Os domingos ás 11 horas en Castrelos, vai preparando a túa bici !!!

 


 Xavier

    10:38 am - 16 Setembro, 2008
    Erasmo Moderador

mensaxes 265

 

Semana Europea de la Movilidad = Hartos del Coche Chulo

Mientras medio mundo se sube a la bici…

en nuestra ciudad se manifiestan contra el carril bici Vigo - Baiona ?

¿Siempre a contracorriente o es que somos los más idiotas del barrio?

Cuando subes a la bici la vida se ve de otro color… ¿por qué no lo pruebas?  Riendo

 

 


 Xavier

    6:30 pm - 27 Febreiro, 2009
    Erasmo Moderador

mensaxes 265

 

Se queres planificar unhas vacacións diferentes… Riendo

CARTOGRAFÍA DAS VÍAS VERDES

Vía Verde do Eo  a única en toda Galicia..!

 

 


 Xavier

    12:35 am - 23 Maio, 2009
    Erasmo Moderador

mensaxes 265

 

¿ Que é a Masa Crítica ?

Trátase dun paseo colectivo en bicicleta que se celebra en diferentes cidades unha vez ao mes.

O movemento tivo a sua orixe en San Francisco (California) en setembro de 1992 e, espallouse por outras cidades en todo o mundo.       

A idea foi moi sinxela.  Un día, un grupo de ciclistas xuntouse para protestar polas condicións do tráfico, causando unha morea de problemas ao tráfico motorizado.

Á xente gustoulle a experiencia e decidiron convertila en costume. Así, unha vez ao mes, xúntanse no mesmo lugar e á mesma hora.   

O nome tomouse dun fenómeno que se dá na China: os ciclistas a miúdo non poden cruzar as interseccións debido ao tráfico e á inexistencia de semáforos. Pausadamente, máis e máis ciclistas amoréanse esperando para cruzar a rúa, e cando se xunta un número suficiente - unha masa crítica - poden moverse todos xuntos coa forza do seu número para parar o tráfico mentras cruzan.

A masa crítica non é unha manifestación e non está convocada por ninguén en particular, é unha xuntanza lúdica coa que pretendemos concienciar á cidadanía de que os usuarios da bicicleta temos o mesmo dereito a circular e a ser respetados que calquera outro veículo ou individuo.

Ademáis, é unha oportunidade para coñecer a outros ciclistas da túa cidade.

Vigo é unha cidade moi hostil para os ciclistas. 

Contra o que pensa moita xente, o principal problema non son as costas: iso resólvese a base de seleccionar rutas máis accesibles, entrenar un pouquiño, tomar as costas con calma e, se é preciso, baixarse da bici.   

A asignatura pendente de Vigo é o respecto aos ciclistas, por parte dos automobilistas, que moitas veces parecen actuar coma se foran os donos da cidade, e sobre todo por parte das institucións, que sistemáticamente ignoran a nosa existencia e as nosas reclamacións dun CARRIL BICI como disfrutan outras moitas cidades preocupadas polo medio ambiente e a sostibilidade.


Por todas estas razóns a "masa crítica" é unha necesidade para Vigo…


FAGÁMONOS VISIBLES…  Reivindica o teu DEREITO A CIRCULAR EN BICI  Riendo

A MASA CRÍTICA DE VIGO celébrase

O ULTIMO VENRES DE CADA MES  ás 20:00 horas na Praza de América  (Santa Irene)


Máis información

Moitas bicis durmen nos trasteiros e garaxes agardando só unha "chamada amiga" para compartir un paseo pola cidade, respectando as normas do tráfico e SEN MALOS FUMES !!!  Sonriente

A BICI NON CONTAMINA…

NIN GASTA GASOLINA !!!

NÓS PEDALEAMOS… E NON NOS CABREAMOS!!!

POR UNHA CIRCULACIÓN MENOS AGRESIVA,  SÚBETE Á BICI !!!    

 


 Xavier

    6:20 pm - 26 Maio, 2009
    braisf Usuario rexistrado

mensaxes 11

 

Estoy totalmente a favor de que hagan un carril bici ya nos vendría bien para acabar los problemas de contaminación , ruído y sobre todo atascos y accidentes.Con la bicicleta el transporte de la población será más fluído y ya no nos tendremos que preocupar de si el semáforo se pone en rojo o si hay que tener cuidado con el paso de peatones.

Un ejemplo claro de uso de la bici está en China en donde  es muy frecuente encontrarse a gente en este medio de transporte deambulando  por  las calles.

Este proyecto no impide acabar con el automóvil o con otros transportes perjudiciales para el medio ambiente sino que intenta acabar principalmente con las contaminaciones acústicas o medioambientales de nuestro alradedor.

Lo que propongo es que si una persona puede contaminar menos y quiere colaborar con nosotros lo mejor que puede  hacer  es utilizar el autobús , la bicicleta o cualquier otro medio de transporte que no sea un automóvil.

Para concluir quiero felicitar a todas aquellas personas que hacen posible todo este proyecto y que sin  ellas nada de esto habría ocurrido.

 

Gracias por vuestro empeño.Un saludoBurla

 


 dejar de fumar es fácil , yo lo he dejado como 100 veces

    9:31 pm - 26 Maio, 2009
     Convidado

mensaxes

Eu tamén estou a prol do carril bici, considero que nunha cidade tan fermosa como é Vigo debería haber máis dos que existen agora. A min gústame andar en bici, a pesar de que agora mesmo non teño, xa que é un medio de transporte divertido é ecolóxico, o problema é que aquí non temos lugar por onde ir e o tráfico non respeta ao medio de transporte máis débil se vas por estrada.

Teño sabido polos medios que en outras cidades foméntase o uso da bici facendo préstamos por parte do concello (sen ir máis lonxe o outro día en Santiago vin un lugar onde as prestaban). Penso que é unha medida que se podería poñer en práctica xa que non creo que sexa moi custosa, incluso pagando unha pequena taxa por elas poderías saír gañando ao aforrar en combustible ou no billete do autobús. Aparte é unha boa forma de facer deporte e de ter un corpo san e atractivo Chulo


    2:46 am - 6 Xuño, 2009
    Alberte Zato Administrador

mensaxes 77

Guiño Estas tamén valen, Xavier?

 Boa sorte cos pedais!

 


 A perfección é imperfecta

    10:10 pm - 6 Xuño, 2009
    Erasmo Moderador

mensaxes 265

 

Home valer o que se dí valer… non sei, pero costar seguro que costan un montón… Forrado

E como non lles vexo o tubo de escape seguramente terían que vir cunha máscara antigás para evitar tragar os residuos da combustión desa buxía que fará po-po-po-po-po a toda velocidade rompendo o SILENCIO. Guiño

A min gústame máis este outro modelo eléctrico…

Emprega unha batería de Chumbo e ten unha autonomía de 30 Kms. 

Pero precisa unha toma electrica para recargarse e tarda entre 4 e 6 horas en volver ó servizo.

Claro que tamén custa moito menos (600 €) que outros modelos máis sofisticados e limpos…

Deixoche o Catálogo Completo para os que vos gusta CONSUMIR …. Forrado

Para asistir á Masa Crítica basta con remexer un pouco en garaxes e trasteiros e pasar por calquera taller para que revisen rodas e frenos e luces… e con menos de 15 €urillos teremos lista a nosa bicicleta ou a de un amigo para disfrutar dun paseo sen fumes, sen ruídos, sen chumbo nen litio nen cadmio… Riendo Riendo Riendo  

Debemos ser a única cidade do mundo sen Carril Bici…
Avergonzado

Vigo sempre tan Orixinal  Chulo 


 Xavier

    2:58 am - 25 Setembro, 2010
    Erasmo Moderador

mensaxes 265

IV MASA CRÍTICA GALEGA

Praza América  =  Sábado 25 Setembro ás 18:30

Ciclousuarios de toda a Galiza participarán o vindeiro Sábado na cuarta edición da Masa Crítica Galega que este ano se realiza en Vigo. Mediante esta "coincidencia organizada" de ciclousuarias/os que realizan un paseo colectivo pola cidade búscase visibilizar o uso da bicicleta como medio de transporte, animando ao seu uso e reclamando medidas que a promovan.

O movemento naceu en San Francisco en 1992, dado que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, porqué non quedar unha vez ao mes, facerse visíbeis entre os propios ciclistas e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as? A idea tivo unha rápida aceptación e na primeira "quedada" xuntáronse 60 e tras un ano eran máis de 600.

Actualmente celébrase tódolos meses en diferentes cidades galegas e de aí xurdiu a idea de celebrar unha MC galega con periodicidade anual que pretende axuntar esforzos, poñer en contacto aos diferentes cicloususarios, reclamar infraestruturas de comunicación entre as diferentes poboacións, intermodalidade con outros medios de transporte como o tren, etc…

E vivir unha experiencia única ao unir diversión e reivindicación, que é o motor das MC en todo o mundo.

 

Este ano celébrase en Vigo o sábado 25 setembro 2010 con saída na Praza América ás 18:30

E con pleno respecto polas normas de tráfico e polos demais usuarios demostraremos que a bicicleta ten un altísimo potencial e que debe ser unha alternativa á hora de planificar un trasporte sostible na cidade olívica.

             



 Xavier

    10:53 am - 26 Marzo, 2011
    Erasmo Moderador

mensaxes 265



 Xavier


Conectados actualmente: 1 Convidado

Simple Forum de Andy Staines (Thank you so much, Andy!) - Versión (traducción autorizada do .po de Alberte Zato) 1.11

Simple Forum WordPress Plugin creado por Andy Staines: Yellow Swordfish

Iconas 'Silk' creadas por Mark James: fam fam fam

Protección Maths anti spam inspirado en código de Michael Woehrer: Software Guide

Registration Blacklist based on WP-Deadbolt code by whoo: Village Idiot

Panel de admin 'Tabifier' por Patrick Fitzgerald: BarelyFitz Designs

Mi agradecimiento a todo aquel que axudou de algunha maneira ao desenrolo deste plugin