Foro


Debe estar conectado para publicar
  • Guests disallowed
Conexión

A moda dos blogs escolares.

Tema

    11:34 pm - 2 Outubro, 2010
    A 01 Pablo Usuario rexistrado

mensaxes 20

Nos últimos anos non cabe dúbida de que o IES do Castro sufriu unha revolución tecnolóxica. Ademais de adquirir un equipamento adecuado, os profesores mais implicados nos temas virtuais optan pola creación de blogs na rede para difundir entre os alumnos material didáctico (apuntes, exercícios…).

Entre eles atópase:

o blog de Lingua Castelá de 1º de Bacharelato

o de TICs

o de Grego

o da Biblioteca

o do Club de Lectura

Etc. Ante esta masiva tendencia á dixitalización eu non podía deixar que os alumnos quedasen atras, por iso creei un Blog Do Alumno Do IES do Castro, este é un blog onde poderedes atopar información do centro, noticias de interese, as miñas inxeniosas reflexións, e unha morea de cousas mais. Ademais podedes participar e publicar seguindo os pasos que se indican no blog.

 

Dende este Foro anímovos, benqueridos alumnos e profesores, a que o visitedes e disfrutedes dos seus contidos.

Un Saúdo. Pablo.


 Ex-Representante de alumnos/as.

    5:38 pm - 4 Outubro, 2010
    Erasmo Moderador

mensaxes 265

Gracias Pablo pola túa interesante aportación a estes Foros…

Por darlle máis visibilidade permitínme editar os enlaces para facilitar a navegación e cambialo de lugar a esta sección denominada A Vida do Instituto sen dúbida algunha o seu lugar natural…  Saúde !!!

 


 Xavier

    6:02 pm - 5 Outubro, 2010
    Alberte Zato Administrador

mensaxes 77

:) Sexan benvidas tódalas actividades e experiencias dixitais que promovan o uso cotidián das neuronas lingüistico-visuais ;)

Iso sí, prego que se vele polo exquisto uso da netetiquette. E por certo, non sei que medo ou respecto hai entre o alumnado por escriibir e participar neste. O único que pedimos é netetiquette,  e por suposto que non se convirta nun dazibao anónimo e que tódolos os participantes sexan o suficientemente resposables co que publican identificadamente. 

Alberte

 

 


 A perfección é imperfecta

    10:55 pm - 5 Outubro, 2010
    A 01 Pablo Usuario rexistrado

mensaxes 20

Benquerido Alberte, teño que decir que son fan dos teus emoticonos, e tamén che aseguro que a netetiquette será unha das caracteristicas deste blog de alumnos, xa que todo canto se publique nel pasará antes polo correo-e que no blog se indica, polo que quedará constancia escrita de todas as entradas, e as que escribo eu xa teñen dono e culpable.

Referente ao uso desta páxina web polo alumnado, teñen chegado aos meus oidos, que reciben miles de datos ao logo do día, comentarios que demandan un cambio de deseño e maior numero de contidos. 

 Ainda así, teño que decir que a min non me disgusta, de feito son un dos poucos que usa os foros para algo mais que os traballos de "Erasmo".

Un saúdo.


 Ex-Representante de alumnos/as.

    12:26 am - 6 Outubro, 2010
    Alberte Zato Administrador

mensaxes 77

A 01 Pablo dixo:

…que demandan un cambio de deseño e maior numero de contidos…


Home, os contidos deben ser os propios usuarios deste foro os que os creen… non se crean sos… feble desculpa é esa…

En canto ao deseño… para gustos… sitios web, coma as cores.

Por exemplo…

http://www.zatovisualworks.com/

Así que tamén feble desculpa… O trasunto é mover as neuronas lingüistico-visuais, non exercer de remeda Arco Iris.  

Alberte 

 


 A perfección é imperfecta

    2:20 pm - 11 Outubro, 2010
    A 01 Pablo Usuario rexistrado

mensaxes 20

Benquerido Alberte, nesta ocasión teñoche que dar a razón a medias.

Coincido contigo en canto a contidos se refire. Pero o do deseño do blog……

Nesa parte coincido cos alumnos que mo dixeron. Tesme que admitir que o deseño gráfico da estructura do blog é un pouco minimalista de mais, baseado nunha escala de grises e azuis apagados que, visualmente non atraen moito aos lectores e participantes deste foro.

Tampouco se trata de convertelo nun foro "fosforito" pero un pouquiño de vida podíaselle dar, digo eu…..

 En canto a unha cousa que se me olvidou comentar, este editor de textos tamén empeza a coxear un pouco, eu non domino a arte de Wordpress pero algunha funcionaliade engadida, a modo de bastón, non lle viña nada mal….

E un último detalle, ese solazo que alumea na esquina superior dereita enrriba do logo do IES, podía ir cambiando por unha folla seca, que o outono xa chegou e faise notar…..

 Sacando estes detalliños de pouco valor, o resto un 10!!! que inclue tamén a parte desta web dedicada a artigos.

Un Saúdo


 Ex-Representante de alumnos/as.


Conectados actualmente: 2 Convidados

Simple Forum de Andy Staines (Thank you so much, Andy!) - Versión (traducción autorizada do .po de Alberte Zato) 1.11

Simple Forum WordPress Plugin creado por Andy Staines: Yellow Swordfish

Iconas 'Silk' creadas por Mark James: fam fam fam

Protección Maths anti spam inspirado en código de Michael Woehrer: Software Guide

Registration Blacklist based on WP-Deadbolt code by whoo: Village Idiot

Panel de admin 'Tabifier' por Patrick Fitzgerald: BarelyFitz Designs

Mi agradecimiento a todo aquel que axudou de algunha maneira ao desenrolo deste plugin