Comments on: Clube de Lectura

By: Miguel Vázquez Freire
Daniel Rosende é un alumno do Master de Secundaria que estivo a facer o Practicum no noso IES, e que participou nunha sesión do Clube de Lectura. Autorizoume a publicar un pequeno debate que mantivemos a través do correo electrónico que quizais poida ser de interese para alguén máis. Se fose así, convídovos a participar con novos comentarios.

Ola Dani:

Como, tal como me dixeches, non é seguro que poidades volver polo clube de lectura, e como aínda non dispoñemos dunha páxina onde ir poñendo por escritos os contidos dos nosos debates, vou adiantar uns rápidos comentarios ás túas tres ideas:

1) Frase de Lyall Watson: “Se o cerebro fora tan simple que pudiéramos

comprendelo, seríamos tan simples que non o comprenderíamos”.

Enxeñoso aforismo pero obviamente non é un argumento probatorio de nada. Na medida en que se considerase que ten algunha forza probatoria, entendo que non sería senón unha variante da premisa cartesiana do argumento de demostración da existencia de Deus a partir das ideas de perfección e infinito, segundo o cal o efecto necesariamente debe ser igual ou inferior á causa. Obviamente, todas as evidencias evolutivas proban que isto non é certo: seres orgánicos de maior complexidade tiveron como causa seres de inferior complexidade. Son consciente de que aquí se fala non dunha causa física senón da capacidade explicativa do menos complexo con respecto ao máis complexo pero ao final a súa forza lóxica sostense sobre o mesmo principio, que implica trasladar ao campo do ontolóxico principios doutra orde. En última instancia, calquera cousa que afirmemos sobre “o que é”, precisa probas empíricas, non deducións apriorísticas; ou dito doutro xeito: non dispoñemos de ningún sistema aproiorístico que nos permita deducir datos sobre o realmente existente.

2) Ainda aceptando que o amor ou o altruismo son o resultado dunha

regulación neuroquímica orientada a supervivencia. Somentes é iso?

Podemos reducir a psicoloxía e a consciencia á bioquímica definindo

-por exemplo- o namoramento como a elevación da hormona oxitocina?

Eu podo compartir contigo o mesmo escepticismo sobre a capacidade explicativa das leis científicas físico - químicas para dar conta de fenómenos como o amor. Pero volvemos ao mesmo: o escepticismo non proba (supoñelo sería caer na falacia ad ignorantiam: como non me convence a túa proba, logo o contrario é verdadeiro), é en todo caso un movemento de cautela que pode ser máis ou menos razoable en función da suficiencia ou insuficiencia dos argumentos que combate. No caso do amor, ata onde eu sei, supón unha reserva razoable: a presenza de determinadas hormonas, como a oxitocina e a serotonina, asociadas coas relacións de tipo amoroso, non constitúen unha explicación suficiente do fenómeno amoroso. Detrás disto está a cuestión máis xeral do reducionismo cientifista. O artigo de Arana que leremos na próxima sesión do clube vai nesa dirección.

3) O cerebro dun home metódico e pulcro é atravesado por un metal e

tras esta experiencia vólvese desordenado e caótico. Como podemos

estar seguros de que o axente de cambio é de base neuronal e non se

trata do adoitamento -conscente ou inconscente- dun xeito de vida

carpe diem promovido polo feito de terse atopado tan preto da morte?.

Este é un caso claro no que as evidencias empíricas da ciencia permiten responder con case absoluta seguridade (seguindo a Popper e sucesores, cómpre lembrar que a ciencia nunca proporciona evidencias definitivas, non dá verdades seguras, só hipóteses tanto máis firmes canto máis intentos de falsación teñen superado). Damasio, n’O erro de Descartes, explícanos como os seus colaboradores estudaron o caso de Phineas Gage (o home accidentado en 1848) ao atopar coincidencias con certas evidencias noutros accidentados recentes. Do que se trataba era de confirmar se o cambio de conduta de Gage podería ser explicado a partir dos tecidos danados de acordo cos novos coñecementos que a neurociencia proporcionaba sobre a conexión entre zonas do cerebro e o control das reaccións afectivas e a estruturación do carácter e a personalidade (algo que ten que ver co que Damasio denomina a construción do eu autobiográfico en “Y el cerebro creó al hombre”). O estudo do cráneo confirmou que en efecto as partes danadas do cerebro de Gage coincidían coas que as hipóteses dos investigadores neurocientíficos presupoñían. É dicir, a neurociencia proporcionou unha explicación ao cambio, no só de conduta, senón de personalidade, de Phineas Gage, que a ciencia da súa época non fora quen de explicar.