RSS para
Artigos
Comentarios

UNIDADES VALORES ÉTICOS

b1-a-dignidade-da-persoa.pdf
b2-comprensio_n-respeto-e-igualdade.pdf
bloque-3.pdf
bloque-4.pdf
bloque-5-3.pdf
bloque-6-etica-e-a-sua-relacion-coa-ciencia-e-a-tecnoloxia.pdf

UNIDADES 1º BACH

unidade5-oserhumano.pdf
nexos_filosofia_unidade_v_loxica_2016.pdf
tema-8-unidade-estetica.pdf

Esta é a actividade que nos servirá como base para a INTRODUCIÓN Á FILOSOFÍA.
Cada alumno e cada alumna deberán construírse unha identidade filosófica, para o cal
1, adoptarán un nome;
2, dotarán a ese nome dunha personalidade, identificando lugar ou país de procedencia, estudos (pode ser un filósofo contemporáneo, ou do pasado, pode ser autodidacta ou con formación universitaria, etc);
3, pertenza a algunha corrente filosófica, mestres que o inspiraron, discípulos ou seguidores, detractores e inimigos intelectuais;
4, título das obras principais;
5, principais ideas filosóficas (teoría do coñecemento, ontoloxía, antropoloxía, filosofía moral, filosofía política, estética).
Como conclusión do traballo, presentarase un breve ensaio mediante o cal o filósofo defenderá as súas ideas máis características ou representativas.

FALADOIRO MES DE SETEMBRO

O mércores da semana que vén, día 27, de 17 a 18 h, na Biblioteca terá lugar un Faladoiro Filosófico sobre o tema
FILOSOFÍA E EDUCACIÓN
Lecturas sobre as que se desenvolverá a tertulia:
Friedrich Nietzsche: Sobre el porvenir de nuestras escuelas.
John Dewey: Democracia e Educación.
Martha C. Nussbaum: El cultivo de la humanidad. Una defensa clásica de la reforma en la educación liberal.
O profesor proporcionará fragmentos seleccionados destas obras ao alumnado que desexe presentar unha exposición no faladoiro.
A actividade ten carácter voluntario e está pensada especialmente para o alumnado de Filosofía de 1º bac e 4º ESO aínda que é aberta á participación de calquera persoa da comunidade educativa.
No caso do alumnado de bacharelato e Filosofía da ESO, avaliarase a participación, ata un punto adicional sobre a nota que reciban polos traballos realizados este mes. En ningún caso a avaliación poderá ser negativa.

Benvidos e benvidas ao novo curso de Filosofía.
Estas son as Unidades que farán o papel de libro de texto para este curso
unidade2-os-limites-do-conecemento.pdf
unidade3-filosofia-e-ciencia2.pdf
unidade4-o-real-e-as-cosmovisions-cientificas.pdf

EXAMES DE SETEMBRO

En relación cos exames de setembro, estes consistirán en

Para Filosofía 1º Bach:
O alumnado deberá escoller 3 preguntas de entre 8 exercicios correspondentes a cada un dos temas impartidos. As preguntas escollidas deberán ser unha por cada trimestre (1º trimestre: Iniciación á Filosofía e Teoría do Coñecemento; 2º trimestre: Lóxica, Epistemoloxía e Filosofía da Ciencia, e Antropoloxía; 3º trimestre: Estética, Ética e Filosofía Moral, e Filosofía Política) e das cales 1 consistirá obrigatoriamente nun comentario de texto. Os textos serán seleccionados entre os traballados na aula ao longo do curso.

Para Historia da Filosofía:
O alumnado deberá escoller un exercicio entre 2 opcións, 1 correspondente con autores de Filosofía Antiga e Medieval (Platón, Aristóteles, Agostiño de Hipona e Tomé de Aquino) e a outra con autores de Filosofía Moderna e Contemporánea (Descartes, Locke, Hume, Kant, Marx e Nietzsche). O exercicio seguirá as pautas previstas para o exame de acceso á Universidade.

UNIDADE FILOSOFÍA MORAL

unidade7-etica.pdf

temario-filo-polit.pdf
resumo-clases-politica.pdf

O Faladoiro que estaba previsto para o xoves día 25 de maio, sen que me decatara de que ese día non hai clase porque é festa local, pasa ao xoves seguinte, 1 de xuño, de 18 a 19 h, na Biblioteca do centro.
O tema será o mesmo do ensaio do mes: A crítica platónica á democracia.
E os textos que servirán de preparación para o debate son:
PLATÓN: A República. Libro V.
Simon BLACBURN (2007): La historia de La República de Platón. Debate.
E. A. DEL MASCHIO: Platón. La verdad están en otra parte. El País. pÁXS. 77 - 97.
KARL R. POPPER: La sociedad abierta y sus enemigos. Paidós. Páxs. 101 - 185.
Aeon J. SKOBLE (2009): “Lisa y el antiintelectualismo estadounidense”. En IRVING, CONARD, SKOBLE (ed.): Los Simpson y la filosofía. Balckie Books.
Os 3 textos están na biblioteca. Dos 2 primeiros traballarase tan só uns determinados fragmentos que deberán ser consultados co profesor

ENSAIO MES DE MAIO

A CRÍTICA PLATÓNICA Á DEMOCRACIA

En pleno século XXI, a práctica totalidade dos países desenvolvidos teñen réximes democráticos, isto é, os seus gobernos e representantes parlamentarios son elixidos en eleccións libres cada certo período de tempo, e (cando menos formalmente) respéctanse as liberdades básicas (de pensamento, expresión, reunión, folga, manifestación, asociación, etc.) e os dereitos humanos. Quere isto dicir que todo o mundo acepta que a democracia é o mellor dos réximes posible? Non hai ningunha alternativa política a este modelo?
democracia-ateniense.jpg
Responder a estas preguntas é o que se vos pide neste traballo. Para iso, en primeiro lugar, lembraremos unha das máis antigas e ben fundamentada crítica da democracia, a que Platón formulou na Atenas do século IV a. C. Trátase de ver en que medida esa crítica, dirixida contra a democracia ateniense, pode ser aínda susceptible de ser aplicada ás democracias contemporáneas ou en que medida estas poden defenderse dunha tal crítica.
platon.jpg
A crítica platónica á democracia podemos adaptala aos nosos tempos do seguinte xeito:

Supoñamos que somos propietarios dun magnífico cabalo de carreiras e que pretendemos presentalo a unha famosa e ben remunerada carreira. Non se nos ocorre reunir a todos os familiares, amigos e coñecidos e facer que voten entre todos para así decidir cal é o mellor procedemento para o adestramento do cabalo. Pola contra, procuraremos informarnos ben de quen son os adestradores máis prestixiosos, os que teñen conseguido máis triunfos con cabalos de características semellantes ao noso, e só entre eles seleccionaremos a quen encargar que prepare ao noso cabalo.
adobestock_813989-turf1200.jpg groom_horse.jpg
Supoñamos agora que caemos doentes. Non reunimos ao redor da nosa cama a todos os nosos veciños para decidir a mellor cura senón que procuramos o especialista médico máis prestixioso para poñérmonos nas súas mans.
nfsscanb832fcahqd6gycasa7pj5ca7lk98icas1bksecafi46sfca2ey0b2cagge0ifca86i24ica0gepuxca2ar3szca6hklkecacxrjw7cakpvg1rcahku1qicaesek7sca3ea5g5ca77q7mwcap8f9hg.jpg xvqjcakz6r7ccabl0hxrca4t57gecayrp5s4cauavwrucagf80pqcajxplasca6mygdrcaevus24ca9hi246ca03tlozcaytm03nca441ayaca99daozcafe3vsscax6u2mqcao5q7i5ca0nutp0ca3yb33v.jpg
Así que, cando se trata de gañar nunha competición ou cando se trata de curar a saúde do corpo, non nos fiamos da decisión da maioría senón tan só da opinión dos especialistas, os expertos. Como se explica, logo, que no referente ao goberno das cidades e do Estado, que debería constituír o máis importante para nós porque a súa influencia recae sobre todos os aspectos das nosas vidas, aceptemos que sexa o voto da maioría quen decida? Como podemos adxudicar o mesmo valor ao voto dun ignorante e ao dunha persoa culta, ao dun individuo lacazán e que nunca se preocupou de informarse sobre os asuntos públicos e ao dunha persoa ben informada e intelectualmente preparada? E máis grave aínda: como aceptamos que poida chegar ao goberno do Estado un individuo calquera, sen ningún título ou preparación coñecida fóra da súa capacidade de persuadir a un gran grupo de xente para que lle entregue os seus votos? Se temos en conta, ademais, que normalmente son máis as persoas pouco intelixentes cás moi intelixentes, a decisión da maioría condena aos países democráticos a seren gobernados non polos mellores, senón por hábiles mediocres capaces de engaiolar a unha maioría de ignorantes.

Non sería, logo, máis razoable garantir que todos os cidadáns puidesen demostrar as súas capacidades nun sistema educativo aberto a todos pero fortemente selectivo? Só os mellores –en matemáticas, en economía, en socioloxía, en ciencias políticas: nos principais coñecementos que gardan relación coa xestión dos asuntos públicos- poderían superar as distintas seleccións que se irían aplicando. E só entre quen finalmente superasen esas probas se designaría ao ou aos que debería(n) gobernar. Falariamos daquela do goberno dos mellores, os verdadeiramente preparados para gobernar, os técnicos ou sabios nas artes do bo goberno.

Debemos darlle a razón a Platón e recoñecer que o vulgo ruín e ignorante prefire gobernantes coma eles, ruíns e ignorantes, e que polo tanto a democracia é contraditaria cun goberno sabio e xusto? Estaría, logo, xustificada a tiranía ou ditadura dos sabios (ou o goberno tecnocrático dos expertos) para obrigar ao vulgo a actuar decentemente segundo normas xustas?

Seg. »