Contidos:

Ensinanzas cofinanciadas polo FSE

Buscar

Temas

Arquivo

Probas de acceso a ciclos formativos

Dentro da páxina de acceso á FP: http://edu.xunta.es,  tedes información sobre a convocatoria de acceso a Ciclos Formativos .

A Resolución do 11 de xaneiro de 2011, DOG 20/01/2011, é a que regula as probas de acceso a ciclos para este curso.

As datas das probas son:

Ciclos Superiores: 21 de abril de 2011.

Ciclos Medios: 31 de xuño de 2011.

Título de Graduado en Educación Secundaria para maiores de 18 anos

No DOG nº 59 do venres 23 de marzo sae publicada a resolución do 15 de marzo de 2007 pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de 18 anos nas convocatorias de xuño e de setembro. Os prazos de matrícula serán do 15 ao 25 de maio para a proba de xuño e, para a de setembro, do 3 ao 5. As probas celebraranse en sesión de mañá e tarde os días 15 de xuño e 11 de setembro para as respectivas convocatorias.

Plan de acollida ao alumnado procedente do estranxeiro

O mércores día 24 de xaneiro comeza a funcionar o grupo de traballo para o desenvolvemento dun Plan de acollida ao alumnado estranxeiro. Terá unha duración de 20 horas. O seu obxectivo xeral é deseñar e planificar actuacións que permitan a integración e adaptación dos alumnos procedentes do estranxeiro ao seu novo entorno escolar, que neste caso é o noso centro educativo.

Os integrantes deste grupos son:

  • Concepción Abuín Méndez
  • Amigo Seisdedos, Rita
  • Mariam Araúxo Muiños
  • Mª Isabel Barreiro Gundín
  • Susana Blanco Baluja (coordinadora)
  • Valentín Castellano Méndez
  • Mercedes Espiño Amil
  • Ana Formoso Remesar
  • Mosquera Alumiña, José
  • Pereiro Raposo, Mª Isabel
  • Ríos Creo, Mª Jesús

 

Principios xerais da LOE

Entre os principios xerais recóllese:

    • Na educación secundaria prestarase especial atención á orientación educativa e profesional do alumnado. 
    • Entre as medidas de atención á diversidade contemplaranse as adaptacións do currículo, a integración de materias en ámbitos, os agrupamentos flexibles, os desdobramentos de grupos, a oferta de materias optativas, programas de reforzo e programas de tratamento personalizado para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Ler máis