María Mariño Carei

Letras galegas 2007



María Mariño Carou naceu en Noia no ano 1907. Tivo que exercer como costureira moi nova, pois proviña dunha familia moi humilde. Debido á situación económica da familia, tivo que ser trasladada a un pazo en Boiro e quedarse alí a vivir un tempo, acompañándo á súa tía que era costureira. Grazas a que estivo alí puido comezar a ter contacto coa literatura escrita, xa que o pazo posee unha magnífica biblioteca que María utiliza para amplia-la súa formación e sensibilidade.

     Parte da guerra civil pásaa en Argorta (Biscaia), o que lle da experienza para escribir posteriormente a súa obra inédita "Los años pobres. Memoria de guerra y posguerra". Ao remate da guerra civil a autora casa con Roberto Posse Carballido, que está destinado ao País Basco na súa profesión de mestre. Alí a parella concebiu un fillo que morreu poco despois do seu nacemento. A morte do neno únese á morte da súa nai e ambas provocarían unha fonda depresión nerviosa en María Mariño. De volta a Galiza e tras un tempo en Arzúa, instaláronse no Courel.

     No ano 1953 a autora noiesa coñece a Uxío Novoneyra, quen apóiaa e axúdaa a que comece a escribir e, grazas a iso, María Mariño supera o illamento no que vivía e puido entrar en contacto con outros escritores, como Manuel María, Domingo García Sabell, Victoria Armesto, Sixto Seco, Augusto Assia ou Ramón Piñeiro. De todas formas, Novoneyra era o que promovía os vínculos entre as persoas vinculadas ao ámbito cultural galego con María e ademáis non eran demasiados. Ata o ano 1963 non se publícaría a súa obra "Palabra no tempo", cun prólogo escrito por Ramón Otero Pedrayo e uns anos despois, no 1990, saíu á luz a súa obra "Verba que comeza" con poemas escritos nos últimos meses da súa vida. No seu primeiro poemario a métrica que a autora segue é esencialmente tradicional, mentres que en Palabra no Tempo destaca o versolibrismo. Durante a súa obra mantense unha traxectoria intimista radicar el unha linguaxe rupturista.

     O 19 de maio do ano 1967 María Mariño Carei morre a causa dunha leucemia, converténdose nunha figura literaria de enorme orixinalidade na historia das letras galegas.





Páxina principal | Obra