Zoa na carballeira


Zoa na carballeira
algo que non é o vento.
Abren súas sombras as áas.
O da chegada é o tempo.

Póusase a anduriña
na corta onda do cuco.
Todo o camiño é do carro.
Tende o pastor o caiado
ó longo baile do fuso.


Voltar