Quen manda na hora de hoxe?


Quen manda na hora de hoxe?
Quen manda?
Quen manda que non a atende?
Vou buscando,
busco mañá e no atopo, busco día
e non o vexo.
Todo cala afeito.
Non atopo a pousa tarde nin sei do seu
barullo.
Quen me fala non o entende.
Señor,
dime quen me levou?
Quen me levou que me volva,
que me volva enteira de
Ti.
Herbiñas de prados frescos,
terras,
mares, mareas e cumes,
riachos de entre canellos, buscade de vós
o meu, meu soio.

Xa vexo!

Vou vendo.
Vexo día ca súa salve.
Atopei mañá -miña hora-.
Vai medindo o tempo as prantas.
Xa me din en verba aberta!
Xa me escoitan!
Xa en rendixa da noite se atui!

Xa son!



Voltar