Néboa longa en día rabelo vertía no sol
Néboa longa en día rabelo vertía no sol.
Curábase o peito!
Medraba o pulo!
Como falas agachado inda que berra o teu
mensaxe, Señor!
Como dis dindonde ouvea o vento!
Como dis dindonde recenden os pinos
i o seu remaxe!
Como dis dindonde as carballeiras
non trocan seu son!
Como dis dindonde o marmurio do río!
FRASES TÚAS!
Dálle fala, Señor, ós niños mudos que dita o mar.
Voltar