Pica o canteiro pedra
Pica o canteiro pedra,
a que onte foi tecida
na erguida voz do poeta
pra verba da cantiga.
Recende a terra a Virxen.
Entre o sol vén vindo o vento.
A comida vai chegando,
a boroa sabe a trigo.
Espáiase en paz o tempo.
Voltar