Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Sindicación

Inicio arrow Alumnado arrow Taboleiro de Informacion arrow ÚLTIMO DÍA LECTIVO DO ANO E VACACIÓNS DE NADAL
ÚLTIMO DÍA LECTIVO DO ANO E VACACIÓNS DE NADAL PDF Imprimir Correo-e
viernes, 16 diciembre 2011

Con motivo do remate do primeiro trimestre do presente ano académico 2011/12, o comezo das vacacións de Nadal e a próxima chegada do novo ano 2012, o centro desexa que o último día lectivo do ano teña un carácter de celebración para todo o alumnado e persoal do centro.

Así pois, o vindeiro mércores 21 de decembro a actividade deste IES organízase do seguinte xeito:

 

·        De 8:30 a 10:30 horas as actividades docentes realizaranse con total normalidade.

 

·        De 10:30 a 11:20 horas: competición deportiva no pavillón.

 

·        De 11:20 a 12:45 horas: actividade festiva no salón de actos (actuación do grupo de rock e karaoke).

 

·        Ás 12:45 horas os/as titores/as de cada grupo entregarán os boletíns de cualificacións correspondentes á 1ª avaliación do curso e farán os oportunos comentarios cando proceda.

 

·        Ás 13:00 horas o transporte escolar recollerá ao alumnado usuario e darase por rematada a xornada escolar.

 

 

 

A volta das vacacións de Nadal será o luns 9 de xaneiro.

 

 

 

Asuntos urxentes para os que se requira a xestión do centro, mentres este permaneza pechado, poden comunicarse a través de correo electrónico á dirección:

 

Por favor, en dito mensaxe indíquese o asunto e un nº de teléfono de contacto. Atenderémolo coa maior urxencia posible.

 

 

 

A dirección e o claustro de profesores
 deséxanlles unhas felices festas e un
 ano 2012 cheo de ledicia!
 
< Anterior   Seguinte >
(C) 2024 IES Fernando Esquío
Dir: C/ Empedrn 16, Xubia-Neda (A Corua) ; CPostal:15572 ; Tel: 981391080 ; Fax: 981391280 ; Email: ies.fernando.esquio@edu.xunta.es