Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Sindicación

Inicio arrow Departamentos arrow Tecnoloxía arrow Cambios na selectividade de inglés 2008
Cambios na selectividade de inglés 2008 PDF Imprimir Correo-e
martes, 29 enero 2008

Na estrutura das PAAU (Inglés) de xuño e setembro de 2008 introduciránse algúns cambios en relación co curso anterior.

  1. Que o número máximo de palabras do resumo (pregunta nº 1) sexa de 50 “approximately”.
  2. Que a pregunta nº 3 ,transformations,seguirá co mesmo enunciado pero, en lugar do sistema actual (dúas que valen 1 punto cada unha), constará de catro partes cunha puntuación de 0,5 puntos cada unha, facendo un total de 2 puntos.
  3. Que se suprima do enunciado da pregunta nº 4 as palabras “The information must be taken from the text.” Así, o alumnado pode usar máis a súa imaxinación e creatividade.
  4. Que o número de palabras esixidas na pregunta nº 5 ,composition,sexa de “approximately 120 words”.
  5. Que na pregunta nº 5 o tema da redacción non estaría necesariamente tan estreitamente ligado ao tema do texto como actualmente é o caso, e pode incluir unha maior variedade de tipos de escritos, por exemplo: unha narrativa, unha carta formal ou informal, facer unha descrición, expresar unha opinión, etc.
  6. Que a proba de audición seguirá celebrándose durante a última media hora do exame,
  7. Que a pausa durante a proba de audición se redúza de 3 a 2 minutos.
  8. Que a proba seguirá tendo a forma de “multiple choice” (tipo “test”), pero que os alumnos responderán ás preguntas cunha frase enteira ou varias palabras e non cunha letra “1a. 2c. 3b.” etc, como este curso.
  9. Que durante este curso (2007 / 2008) a proba de audición teña unha puntuación máxima de 1 punto, engadíndose este punto ao total de 10 do exame escrito, a causa das normas da CiUG, pero que a partir do curso 2008 / 2009 a puntuación será de: proba escrita 9 puntos, proba auditiva 1 puntos: total 10 puntos.

http://ciug.cesga.es/marcocentros.html

 
< Anterior   Seguinte >
(C) 2024 IES Fernando Esquío
Dir: C/ Empedrón 16, Xubia-Neda (A Coruña) ; CPostal:15572 ; Tel: 981391080 ; Fax: 981391280 ; Email: ies.fernando.esquio@edu.xunta.es