|
premios extraordinarios de ESO |
|
|
|
martes, 27 octubre 2009 |
Prazo de solicitude ata o 22 de novembro de 2009. O alumnado que resulte premiado recibirá un diploma acreditativo e un ordenador portátil. Poderán optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que reúna as seguintes condicións: 1. Cursar durante o curso 2008-2009 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia. 2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria. 3. A media das cualificacións dos alumnos e alumnas solicitantes debe ser igual ou superior a 9 puntos.
Prazo de solicitude ata o 12 de novembro de 2009. 1. Cursar durante o curso 2008-2009 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia. 2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria. 3. Ser proposto polo centro educativo. 4. Os alumnos e alumnas que sexan candidatos/as a premio deberán merecer, un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural, polo que se significan singularmente, e se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios. 5. O perfil obxecto destes premios correspóndese co alumnado: a. Que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara conseguir rematar os seus estudos. b. Que pertence a minorías étnicas, sempre que iso supoña limitacións no acceso e permanencia na escolaridade. c. Procedente do estranxeiro, con incorporación tardía ao sistema educativo do noso país ou con ausencia ou limitación no dominio do idioma no que se imparte o currículo. d. En proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
|
|