Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Sindicación

Inicio arrow Alumnado arrow Taboleiro de Informacion arrow Probas de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño. Curso 2010-2011
Probas de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño. Curso 2010-2011 PDF Imprimir Correo-e
miércoles, 02 junio 2010

A Orde do 25 de xuño de 2007, pola que se regula o acceso e admisión ás
ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, establece o proceso de
admisión para quen non reúna os requisitos académicos establecidos con
carácter xeral e para aquelas persoas que, reunindo os requisitos académicos,
deben superar a proba específica definida na mesma orde, e autoriza á
dirección xeral competente en materia de ensinanzas de réxime especiais, na
súa disposición derradeira primeira, para ditar as instrucións necesarias para o
desenvolvemento do previsto nesa orde.
Na súa virtude, a dirección xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa convoca as probas de acceso ás ensinanzas profesionais
de artes plásticas e deseño para o curso 2010-2011.
Calendario e lugar de celebración das probas
As persoas interesadas deberán inscribirse nas Escolas de Arte e Superiores
de Deseño de Galicia.


Ciclos medios: ata o 15 xullo de 2010.
Ciclos superiores: ata o 23 de xuño de 2010.


As probas de acceso a ciclos medios realizarase nas Escolas de Arte e
Superiores de Deseño nos días que se indican a continuación:


Proba de madureza: 1 de setembro de 2010.
Proba específica: 2 de setembro de 2010.


As probas de acceso a ciclos superiores realizaranse na Escola de Arte e
Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela, nos días que
se indican a continuación:


Proba de madureza: 28 de xuño de 2010.
Proba específica: 7 de xullo de 2010.

 
< Anterior   Seguinte >
(C) 2024 IES Fernando Esquío
Dir: C/ Empedrón 16, Xubia-Neda (A Coruña) ; CPostal:15572 ; Tel: 981391080 ; Fax: 981391280 ; Email: ies.fernando.esquio@edu.xunta.es