Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Sindicación

Inicio arrow Organización arrow Taboleiro de información arrow Probas de nivel Escola Oficial de Idiomas
Probas de nivel Escola Oficial de Idiomas PDF Imprimir Correo-e
mircoles, 02 junio 2010
Do 1 ao 8 de xuño as Escolas Oficiais de Idiomas abren o período de
inscrición para realizar as probas de clasificación, para cursar estudos no
próximo curso 2010-2011.
O alumnado que teña coñecementos previos dun idioma e desexe matricularse
nunha escola oficial de idiomas para seguir cursando na modalidade presencial
nun curso distinto de primeiro deberá realizar a correspondente proba de
clasificación, coa que poderá ter acceso directo a calquera dos cursos dese
idioma.
As probas de clasificación constan dunha parte escrita e dunha parte de
comprensión e expresión oral, e serán administradas en dúas sesións distintas,
sendo a escola oficial de idiomas quen estableza o calendario das probas orais.
As partes escritas terán lugar entre o día 10 e o 17 de xuño de 2010.
Unha vez que se publique o resultado das probas, o alumnado deberá realizar a
correspondente preinscrición no curso e nivel segundo o resultado das mesmas.
A superación das probas de clasificación terá unha vixencia de dous cursos
académicos para os efectos de formalización de matrícula oficial.
En calquera caso, non poderá matricularse nunha proba de clasificación o
alumnado que xa cursara estudos presenciais nunha EOI no curso 2008-2009
ou 2009-2010.
 
< Anterior   Seguinte >
(C) 2017 IES Fernando Esquío
Dir: C/ Empedrn 16, Xubia-Neda (A Corua) ; CPostal:15572 ; Tel: 981391080 ; Fax: 981391280 ; Email: ies.fernando.esquio@edu.xunta.es