Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Sindicación

Inicio arrow Alumnado arrow Taboleiro de Informacion arrow Eleccións Consello Escolar: calendario
Eleccións Consello Escolar: calendario PDF Imprimir Correo-e
domingo, 14 noviembre 2010

O pasado día 5 de novembro constituiuse, tras sorteo público, a Xunta Electoral para o proceso electoral ao Consello Escolar. A composición de dita Xunta, ademais do Director do centro en calidade de Presidente, é a seguinte: Miguel A. Varela Vazquez (profesor), Juan I. Sixto González (PAS), Diego Dopico Graña (alumno) e Pedro Dapena Amado (pai).

Constituida a xunta, acordouse o calendario electoral para as actuacións precisas, e das que queremos destacar as seguintes:

* Ata o día 12 de novembro pódense realizar reclamacións ao censo electoral provisional, que se atopa xa na secretaría do centro.

* Do 11 de novembro ao 18 de novembro ata as 14:00 horas, presentación de candidaturas na Secretaría do Centro por calquera membro da Comunidade Escolar que estea incluído no correspondente censo (profesorado, pais/nais, alumnado e persoal non docente).

* Logo da lista provisional de candidaturas, o 19 e 22 de novembro, poderanse presentar as reclamacións a ditas candidaturas.

* O 23 de novembro resolveranse as posibles reclamacións e proclamaranse as candidaturas definitivas por cada sector. Constituiranse asmesas electorais. Informarase nun Claustro extraordinario. 

* O 30 de novembro terán lugar as eleccións, nos horarios que se establezan e dos que se dará información pública.

 

O Director e Presidente da Xunta Electoral

 
< Anterior   Seguinte >
(C) 2017 IES Fernando Esquío
Dir: C/ Empedrn 16, Xubia-Neda (A Corua) ; CPostal:15572 ; Tel: 981391080 ; Fax: 981391280 ; Email: ies.fernando.esquio@edu.xunta.es