Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Sindicación

Inicio arrow Organización arrow Taboleiro de información arrow Bolsas bacharelato Internacional
Bolsas bacharelato Internacional PDF Imprimir Correo-e
sbado, 12 noviembre 2011

Colegios del Mundo Unido convoca 10 bolsas para estudar o Bacharelato fóra de España

 

A Fundación Colegios del Mundo Unido mantén aberta ata o 2 de febreiro de 2012 a súa convocatoria de bolsas dirixida a alumnos e alumnas de 4º da ESO ou 1º de Bacharelato.

Estas axudas, valoradas cada unha en 45.000 euros, permitiralles estudar os dous próximos cursos (2012-2014) en Canadá, Estados Unidos, Costa Rica, China, India, Singapura, Swazilandia, Italia, Reino Unido, Noruega, Holanda e Bosnia e Herzegovina.

 Alí estudarán o Bacharelato Internacional e convivirán con outros rapaces e rapazas igualmente becados de máis de 80 países.

 

Requisitos da convocatoria

  • Estar a cursar 4º da ESO ou 1º de Bacharelato
  • Nacer nos anos 1995 ou 1996
  • Ter bo expediente académico
  • Contar con coñecementos básicos de inglés
  • Posuír a nacionalidade española ou vivir en España os últimos oito anos e estar a tramitar a nacionalidade (se non é así  recoméndase solicitar a bolsa a través do comité nacional de Colexios do Mundo Unido do seu país)
  • Cumprimentar o impreso de solicitude de acordo ás instrucións e achegar a documentación solicitada.

Para máis información sobre a convocatoria e os trámites requeridos premer no seguinte enlace:

http://www.colegiosmundounido.es/

 
< Anterior   Seguinte >
(C) 2017 IES Fernando Esquío
Dir: C/ Empedrn 16, Xubia-Neda (A Corua) ; CPostal:15572 ; Tel: 981391080 ; Fax: 981391280 ; Email: ies.fernando.esquio@edu.xunta.es