jueves, 09 febrero 2012 |
O venres 17 de febreiro con motivo do Entroido, a actividade do centro organízase do seguinte xeito: · De 8:30 a 10:10 horas as actividades docentes realizaranse con total normalidade. · De 10:10 a 11:00 horas o alumnado e profesorado poderán preparar os seus disfraces no pavillón. · Ás 11:15 horas comezará o desfile polos corredores do centro e farase a elección dos/as mellores, os/as cales terán premio. · Ás 12:40, rematadas as actuacións das comparsas no salón de actos, o xurado do concurso de disfraces emitirá o seu veredicto. · Ás 13:00 horas o transporte escolar recollerá ao alumnado usuario e darase por rematada a xornada escolar.
|