Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Sindicación

Inicio arrow Alumnado arrow Taboleiro de Informacion arrow Calendario Eleccións Consello Escolar 2012
Calendario Eleccións Consello Escolar 2012 PDF Imprimir Correo-e
jueves, 08 noviembre 2012

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS: ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2012

(Segundo o aprobado en Xunta Electoral)

 

 

Venres 26 de outubro:

- Publicación da data e hora na que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.

 

Martes 30 de outubro:

- Sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.

 

Mércores 31 de outubro:

- Publicación do resultado do sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral.

- Envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral.

 

Martes 6 de novembro:

- Primeira reunión da Xunta Electoral (acto de constitución, aprobación de calendario de actuacións).

 

Mércores 7 de novembro:

- Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesores, pais/nais e alumnado (non hai convocatoria para persoal de administración e servizos; o seu representante renóvase no 2014).

- Publicación dos censos provisionais dos sectores educativos convocados. Ábrese o prazo para presentar reclamacións aos censos.

- Envío de escrito ao Concello solicitándolles a designación de representante (a/o representante da ANPA renóvase no 2014).

- Envío de circular ás nais e pais do alumnado sobre a convocatoria electoral.

 

Do 8 ao 19 de novembro:

- Prazo de presentación de candidaturas (inclúe ambos os dous días; o día luns 19 ata as 12:00 horas). Procedemento para candidaturas (consultar en dirección)

 

Luns 19 de novembro (Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral):

- Proclamación e publicación de candidaturas por sectores de representación. Ábrese prazo de reclamacións.

- Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.

- Aprobación do modelo de papeletas para as votacións.

- Sorteo público para designación dos membros das mesas electorais (só no caso da convocatoria de pais/nais e alumnado).

 

Xoves 22 de novembro:

- Claustro: normativa, relación de candidaturas e aprobación da data de votación e escrutinio.

 

Martes 27 de novembro. Celebración das votacións:

- Alumnado: de 8:30 a 10:10 horas (a furna irá pasando polas aulas). O alumnado do PCPI que desexe votar poderá facelo o día previo, de 13:20 a 14:10, quedando os seus votos precintados na furna ata o día seguinte.

- Profesorado: Claustro extraordinario ás 12:10 (esta data e hora é unha simple proposta e someterase a aprobación no Claustro anterior).

- Pais, nais e titores legais do alumnado: de 12:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:30 horas.

 

Martes 4 de decembro (Celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral):

- Proclamación de candidatos electos.

- Traslado á Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria das copias de actas das votacións efectuadas.

 

Martes 11 de decembro:

- Constitución do novo Consello Escolar.

 

 

 

 

 

Antonio Jesús García Bastida

DIRECTOR E PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL

 
< Anterior   Seguinte >
(C) 2017 IES Fernando Esquío
Dir: C/ Empedrn 16, Xubia-Neda (A Corua) ; CPostal:15572 ; Tel: 981391080 ; Fax: 981391280 ; Email: ies.fernando.esquio@edu.xunta.es