CALENDARIO DE ACTUACIÓNS: ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2012 (Segundo o aprobado en Xunta Electoral) • Venres 26 de outubro: - Publicación da data e hora na que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. • Martes 30 de outubro: - Sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. • Mércores 31 de outubro: - Publicación do resultado do sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral. - Envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral. • Martes 6 de novembro: - Primeira reunión da Xunta Electoral (acto de constitución, aprobación de calendario de actuacións). • Mércores 7 de novembro: - Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesores, pais/nais e alumnado (non hai convocatoria para persoal de administración e servizos; o seu representante renóvase no 2014). - Publicación dos censos provisionais dos sectores educativos convocados. Ábrese o prazo para presentar reclamacións aos censos. - Envío de escrito ao Concello solicitándolles a designación de representante (a/o representante da ANPA renóvase no 2014). - Envío de circular ás nais e pais do alumnado sobre a convocatoria electoral. • Do 8 ao 19 de novembro: - Prazo de presentación de candidaturas (inclúe ambos os dous días; o día luns 19 ata as 12:00 horas). Procedemento para candidaturas (consultar en dirección) • Luns 19 de novembro (Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral): - Proclamación e publicación de candidaturas por sectores de representación. Ábrese prazo de reclamacións. - Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións. - Aprobación do modelo de papeletas para as votacións. - Sorteo público para designación dos membros das mesas electorais (só no caso da convocatoria de pais/nais e alumnado). • Xoves 22 de novembro: - Claustro: normativa, relación de candidaturas e aprobación da data de votación e escrutinio. • Martes 27 de novembro. Celebración das votacións: - Alumnado: de 8:30 a 10:10 horas (a furna irá pasando polas aulas). O alumnado do PCPI que desexe votar poderá facelo o día previo, de 13:20 a 14:10, quedando os seus votos precintados na furna ata o día seguinte. - Profesorado: Claustro extraordinario ás 12:10 (esta data e hora é unha simple proposta e someterase a aprobación no Claustro anterior). - Pais, nais e titores legais do alumnado: de 12:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:30 horas. • Martes 4 de decembro (Celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral): - Proclamación de candidatos electos. - Traslado á Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria das copias de actas das votacións efectuadas. • Martes 11 de decembro: - Constitución do novo Consello Escolar. Antonio Jesús García Bastida DIRECTOR E PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL
|