Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Sindicación

Inicio arrow Organización arrow Taboleiro de información arrow Horario 21 decembro e vacacións de Nadal
Horario 21 decembro e vacacións de Nadal PDF Imprimir Correo-e
martes, 18 diciembre 2012

Con motivo do remate do primeiro trimestre do presente ano académico, o comezo das vacacións de Nadal e a próxima chegada do ano 2013, o centro desexa que o último día lectivo do ano teña un carácter de celebración para todo o alumnado e persoal do centro.

Así pois, o vindeiro venres 21 de decembro a actividade deste IES organízase do seguinte xeito:

 

·        De 8:30 a 10:10 horas as actividades docentes realizaranse con total normalidade.

 

·        De 10:15 a 10:30 horas: acto en memoria do profesor Baltasar Rey Otero.

 

·        De 10:30 a 11:30 horas: actividade deportiva no pavillón.

 

·        De 11:30 a 13:00 horas: actividade festiva no salón de actos (actuacións, baile, grupo de rock, etc.).

 

·        Ás 13:00 horas os/as titores/as de cada grupo entregarán os boletíns de cualificacións correspondentes á 1ª avaliación do curso e farán os oportunos comentarios cando proceda.

 

·        Ás 13:15 horas o transporte escolar recollerá ao alumnado usuario e darase por rematada a xornada escolar.

 A volta das vacacións de Nadal será o martes 8 de xaneiro.

 

 Asuntos urxentes para os que se requira a xestión do centro, mentres este permaneza pechado, poden comunicarse a través de correo electrónico á dirección:

 

Por favor, en dito mensaxe indíquese o asunto e un nº de teléfono de contacto. Atenderémolo coa maior urxencia posible.

 

Tamén en horario laborable de 9:30 a 13:30 poderá chamar ao número do centro 981391080

 

A dirección e o claustro de profesores deséxanlles unhas felices festas e un ano 2013 cheo de ledicia!

 
< Anterior   Seguinte >
(C) 2017 IES Fernando Esquío
Dir: C/ Empedrn 16, Xubia-Neda (A Corua) ; CPostal:15572 ; Tel: 981391080 ; Fax: 981391280 ; Email: ies.fernando.esquio@edu.xunta.es