Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Sindicación

Inicio
LIBROS DE TEXTO 2012-2013
lunes, 02 julio 2012

Lista de libros de texto para o novo curso

Axudas para libros de texto

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2012-2013 (ESO)
(Resumo da Orde do 30 de maio de 2012, DOG nº 104 01/06/2012. Información detallada no
enderezo http://www.edu.xunta.es . En caso de dúbida consulte ao centro).
Requisitos para ser beneficiario desta axuda:
· Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en Educación Secundaria
Obrigatoria no centro durante o curso 2012-2013 e non repetir curso neste ano académico.
· Ter unha renda per cápita familiar no ano 2010 igual ou inferior a 9000 €.
· Non ter prohibido beneficiarse de subvencións (segundo artigo 10 da Lei 9/2007, do
13 de xuño).
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado,
mediante a presentación no centro da seguinte documentación:
· Anexo I cuberto.
· Orixinal (para contrastar) e copia das follas cubertas do libro de familia (no caso de
non ter libro de familia ou se a situación familiar, a 31 de decembro de 2010, non coincide coa
reflictida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de
membros da unidade familiar)
· Documentos que acrediten, de ser o caso, a discapacidade dalgún dos membros da
unidade familiar e/ou a situación de violencia de xénero.
O prazo de presentación é ata o 26 de xullo de 2012 para o alumnado matriculado en xullo
e ata o 1 de outubro do 2012 para o alumnado matriculado en setembro.
Unha vez entregada a documentación, o centro xerará un vale que a persoa solicitante
poderá recoller no centro: entre os días 16 e 31 de xullo no caso de alumnado matriculado ese mes
e desde o 17 ata o 30 de setembro para o matriculado en setembro. En dito vale figura a cantidade
máxima da axuda asignada en función da renda. O solicitante xa co vale poderá adquirir os
libros e material escolar no establecemento que el escolla.
O listado de libros de texto empregados está exposto no noso centro e foi distribuido tamén
polas principais librerías do entorno. No listado figuran indicacións dos libros de texto que hai que
comprar e de outros que non (pode o centro ofrecelos como préstamo). Xa que o vale ten un único
uso, para evitar facer gastos innecesarios é recomendable esperar a adquirir os libros ata os
primeiros días de clase.
 
Foto 2º Bacharelato Promoción 2012
martes, 12 junio 2012
foto 2º bach 2012
 
Organización fin de curso 2012
lunes, 18 junio 2012

Con motivo do remate das actividades lectivas do presente ano académico 2011/12 e o comezo das vacacións de verán, a actividade deste IES organízase do seguinte xeito:


  • Venres 22 de xuño, último día lectivo:

De 8:30 a 10:30 horas as actividades docentes realizaranse coa normalidade diaria. A partir das 10:30 horas e ata as 13:15 horas están previstas as seguintes actividades:

  • 10:30-11:45 Competicións deportivas (pavillón).

  • 12:00-13:15 Actuacións musicais (salón de actos)


O alumnado deberá permanecer no centro ata o remate da xornada que está prevista ás 13:15 horas (hora de saída do transporte).


  • Martes 26 de xuño:

Ás 10:00 horas, entrega de boletíns de cualificacións polos/as titores/as nas aulas correspondentes, atención ás reclamacións verbais e apertura do prazo de reclamacións escritas aos departamentos. Ás 10:45 horas sairán os autobuses de regreso aos domicilios.


O alumnado que aprobe todas as materias recibirá, xunto co boletín, o formulario de matrícula para o curso 2012/13 e toda a información necesaria para completar dito proceso, incluido a solicitude de axudas para a adquisición dos libros de texto. O resto do alumnado recibirao en setembro.


  • Xoves 28 de xuño:

Ás 10:00 horas remate do prazo de presentacións de reclamacións escritas e ás 11:00 horas os departamentos notificarán aos/ás interesados/as a resolución das mesmas.


Matrícula ordinaria curso 2012/13 (para o alumnado que aproba todas as materias en xuño):

  • 2 e 3 de xullo (luns e martes) en horario de 9:00 a 13:00.


Calendario de setembro (exames, entrega de boletíns, matrícula e inicio de curso): farase público no mes de xullo.

 


 

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Resultados 49 - 52 de 99
(C) 2024 IES Fernando Esquío
Dir: C/ Empedrón 16, Xubia-Neda (A Coruña) ; CPostal:15572 ; Tel: 981391080 ; Fax: 981391280 ; Email: ies.fernando.esquio@edu.xunta.es