Con motivo do remate do primeiro trimestre do presente ano académico, o comezo das vacacións de Nadal e a próxima chegada do ano 2014, o centro desexa que o último día lectivo do ano teña un carácter de celebración para todo o alumnado e persoal do centro.Así pois, o vindeiro venres 20 de decembro a actividade deste IES organízase do seguinte xeito:
De 8:30 a 12:00 horas as actividades docentes realizaranse con total normalidade.
De 12:00 a 13:00 horas: actividade festiva no salón de actos (karaoke, baile, grupo de rock).
Ás 13:00 horas os/as titores/as de cada grupo entregarán os boletíns de cualificacións correspondentes á 1ª avaliación do curso e farán os oportunos comentarios cando proceda
Ás 13:15 horas o transporte escolar recollerá ao alumnado usuario e darase por rematada a xornada escolar.
A volta das vacacións de Nadal será o xoves 9 de xaneiro.
Asuntos urxentes para os que se requira a xestión do centro, mentres este permaneza pechado, poden comunicarse a través de correo electrónico á dirección:
Por favor, en dito mensaxe indíquese o asunto e un nº de teléfono de contacto. Atenderémolo coa maior urxencia posible.
Tamén en horario laborable de 9:30 a 13:30 poderá chamar ao número do centro 981391080.
A dirección e o claustro de profesores deséxanlles
unhas felices festas e un ano 2014 cheo de ledicia!