XOGOS POPULARES GALEGOS
OS BIRLOS GALEGOS OU BÓLOS CELTAS Xógase con 16 birlos de madeira con forma de bocoi. Dependendo da comarca, poden ser de 15 cm de altura e 7cm - 8 cm de diámetro ou de 8 cm de altura de x 2’5 cm de diámetro . Utilízanse 3 bólas de madeira de 1.800 grs de peso. Pódese xogar de maneira individual ou por equipos de dous, tres ou mesmo catro persoas. |
|
|
|
OS XOGOS DA CHAPA O xogo da chapa, estendido por todo o mundo, é coñecido en Galiza por moitos nomes: rollo, mariola, cotelo, truco, peletre, roleta, etc. Pode intervir un número variable de rapaces. E o unico que se necesita para xogar é unha pedra plana ou chapa. É un xogo de precisión, equilibrio e rapidez.
|
|
O CASTRO O primeiro en xogar colle a chapa e pona na casa nº1. Empúxaa co pé ata a casa nº2, logo á 3, á catro e novamente á 1. Por último, ten que metela en calquera dos sectores do redondel central. Na 2ª volta ten que tirar a chapa na casa nº 2 e facer o mesmo percorrido. O xogo remata cando o xogador fai todas as casas.
|
|
O PADRÓN Xógase a chapa na casa nº 1, logo, á pata coxa, sáltase ás seguintes casas, deixando a chapa no sitio. Na casa nº6 pódese descansar pousando ambos os dous pés no chan. Vólvese agora ao revés, e na casa nº1 lánzase a chapa para fóra. Logo tírase á casa nº2 e faise o mesmo. Así ata rematar. Gaña o xogo quen consiga facer primeiro as seis casas.
|
|
O CARACOL Tírase a chapa á casa nº1, á pata coxa hai que arrastrala ata a casa 12. Alí descánsase, e vólvese cara á saída, empurrando a chapa co pé ata botala fóra dende a casa nº1. O seguinte percorrido faise dende a casa nº2 saltando á pata coxa a casa nº1 e a partir de aí arrástrase a chapa coma antes. Faise o mesmo coas seguintes casas. Gaña o xogo quen consiga facer primeiro as 12 casas. |
|
A CHAPA DE NOVE Realízase un cadro de nove casas cadradas, todas do mesmo tamaño. Hai que facer unha secuencia de saltos cara adiante, e inmediatamente os mesmos cara atrás. Lánzase a chapa á casa nº1 e realízase a seguinte secuencia:
|
|
A CHAPA CHINESA Bótase a chapa á casa nº 1; sáltase á pata coxa sobre esta casa e danse dous pasos adiante, ás casas dúas e tres. Logo hai que volver cara atrás ata a casa 1, virarse e empurrar fóra a chapa, sempre á pata coxa. O seguinte paso é lanzar a chapa á casa nº 2 e brincar ás casas 2, 3 e 4, cara adiante; logo volver ás casas 3 e 2 cara atrás, virarse e empurrar a chapa á casa 1, e logo fóra. Continúase do mesmo xeito ata chegar ata a casa nº 8. |
|
A MARIOLA Bótase a chapa á casa nº 1 desde o semicírculo terra. Sáltase á pata coxa dereita nesta casa e nas seguintes. Ao chegar ao semicírculo ceo hai que se virar e facer o percorrido de volta coa pata coxa esquerda. Os xogadores deben evitar a casa na que está a chapa, non poden pisar as liñas do cadro nin saltarse ningunha casa. As casas indivuduais sáltanse á pata coxa, as dobres poñendo un pé en cada unha. Cando se chaga de volta á casa nº 1, o xogador ten que deitar a chapa fóra coa punta do pé. As outras casa fanse do mesmo xeito. Cada xogador continúa ata que comete un erro. |
|
O AVIÓN Xógase de igual xeito que na mariola, mais engadíndolle a casa nº 9. |
|
O BONECO E A BONECA Son o mesmo xogo en cadros lixeiramente diferentes. Lánzase a chapa á casa nº1 e sáltase sen a pisar, ata a casa nº2. Continúase así ata a última casa, regresando á casa 1, onde se ten que botar fóra a chapa. O segundo percorrido faise sen mover o pé do sitio onde se pousa, nin mover a chapa que debe ser empuxada dun só golpe. |
|
OS MESES DO ANO Tírase a chapa á casa nº6 (xaneiro), dende detrás das casas 1 e 7 (xuño e decembro) Se cae dentro sen tocar raia séguese xogando, se non, cédese a vez. Vaise logo á pata coxa, seguindo o percorrido que se indica na maqueta, ata a casa de Xaneiro. Unha vez alí, vaise pasando a chapa ata a casa de Nadal, e logo bótase fóra. O xogo continúa facendo o mesmo coas casas de todos os meses. |
|
AS CORES Fanse seis cadros no chan nos que se escribe, nesta orde, cores, roupa, países, obxectos, nomes e animais. Ao rematar o circuito, repítese de novo, introducindo novas dificultades: á pata coxa, cruzando as pernas facendo tesoira, cos ollos pechados, etc. |
|
A CHAVE Existen variados tipos de chave e tamén diferentes formas de xogar dependendo da comarca. Nas maquetas amosamos dous modelos diferentes. Lanza os pellos en primeiro lugar o primeiro xogador do equipo A, logo o primeiro do equipo B e así sucesivamente. Os lanzamentos fanse dende atrás da liña de lanzamento que estará a 8 m, como mínimo, da chave. Para que a chave sexa válida e, polo tanto, puntuar, cómpre que á pa dea unha volta completa. Gaña o equipo que faga máis chaves. |
|
A PORCA
Trátase dun xogo moi estendido, con elementos semellantes ao hockey ou ao golf, deportes popularizados moito despois da existencia da Porca (tamén chamada Pino ou Cachona nalgunhas zonas).
|
|
A BILLARDA
A billarda ou estornela (tamén chamado tala ou toña; lipilape en Marín) son as denominacións dun dos xogos máis coñecidos e populares dos que se facían (e aínda se fan) para xogar en toda Galiza. As regras deste xogo son por zonas, polo que é dificil atopar as mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán, a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posíbel. |
|