AUGA AZUL
| O río Miño é o río máis importante e representativo de Galicia. Percorre grande parte da xeografía galega: xurde nas serras de Meira, no centro da provincia de Lugo e, tras pasar polos arredores da cidade de Lugo, xira cara o suroeste, bañando o tercio noroccidental da provincia de Ourense; augas arriba antes de atravesar a cidade de Ourense, recibe o aporte das augas do Sil, río que serve de divisoria entre a provincia de Lugo e de Ourense. O Miño segue o seu curso cara o océano polas terras pontevedresas, onde se converte en beira fronteiriza entre España e Portugal. |
![]() |
|
|
|
|
|
Son
criadeiros de mexillóns e outros moluscos, que consisten nunhas
plataformas aboiadas ancoradas no mar, das que penduran varias cordas
onde se crían os moluscos. O cultivo de mexillón en bateas segue un proceso que consta de varias fases. En primeiro lugar recóllense as crías nas rochas da costa ou nas cordas da propia batea. Logo procédese ó seu encordado que se realiza nun número limitado de cordas, que non adoita superar a terceira parte do total da batea en producción. Posteriormente, ó medraren os bivalvos, hai que desdobralos, para que teñan máis espacio; pasados uns meses xa acadan a talla comercial, estando listos para a súa comercialización. |
![]() |