ESPACIOS VERDES
|
Todo Galicia é espacio natural. A tendencia, hoxe en día, é que estes espacios disfruten da maior protección posible desde a Unión Europea en colaboración coas lexislacións estatais e autonómicas.
Destaca o Parque Nacional das Illas Atlánticas, que goza do máximo recoñecemento a nivel estatal, contando ademáis con outros seis Parques Naturais. Neles concéntrase o maior esforzo en infraestructura medioambiental para a súa conservación e divulgación. |
![]() |
![]() |
|
|
Galicia seleccionou os seus lugares de importancia comunitaria (LIC) como representación de sitios máis apropiados para a súa conservación. Estes lugares, xunto coas zonas de especial protección para as aves (ZEPA) forman a lista dos espacios da rede Natura escollidos en Galicia e desde Galicia para todo o mundo. |
![]() |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Galiza
está situada na zona temperada e pola súa posición
á beira do Atlántico ten un clima oceánico, con humidade
media na zona costeira, máis alta nas montañas centrais
e máis seco no interior. Ocupa unha zona intermedia entre os tipos
de vexetación atlántica e mediterránea polo que as
especies aparecen constantemente mesturadas.
|
![]() |
![]() |
|
A CATÁSTROFE DO PRESTIGE O 13 de novembro do 2002 abriuse unha fenda de auga no petroleiro belga Prestige que se atopaba fronte ó litoral galego e armacenaba 77000 toneladas de fuel. A partir deste momento, o buque foi perdendo grandes cantidades de fuel que puxeron en perigo non só o patrimonio natural de Galiza senón que tamén afectou gravemente a varios sectores da economía desta comunidade. A xestión do caso Prestige por parte dos Gobernos Central e Autonómico foi fortemente criticada.
Consecuencias do desastre ecolóxico na terra:
Consecuencias do desastre ecolóxico no mar:
Consecuencias do desastre ecolóxico no aire: As aves son probablemente o grupo biolóxico que máis directamente está a sufrir as consecuencias do desastre. Segundo dados recentes recolléronse 13221 aves, das que 3873 estaban vivas e 9348 mortas. Pertencen a 62 especies diferentes e foron localizadas nas costas de España, Portugal e Francia. |
![]() |
![]() |
|
![]() |
|
| O MAL DAS VACAS TOLAS
A enfermidade bovina denominada “Mal das Vacas Tolas” alcanzou o noso país no ano 2000 e foi a nosa comunidade a máis afectada. O primeiro caso foi detectado nunha res de Carballedo (Lugo).
As síntomas nos seres humanos da encefalopatía espoxiforme máis coñecida como “Mal das Vacas Tolas” son: depresión, ansiedade, perda de memoria, coordinación, visión, peso e rixidez. A víctima morre en trece meses.
Como medida de prevención sacrificáronse tódalas reses restantes nas explotacións afectadas, varias delas, na provincia de Lugo. A Administración galega intensificou os controles de penso para evitar os concentrados de orixe animal, que xa estaban prohibidos en Galiza, e que se considera, estaban relacionados coa enfermidade.
Como consecuencia disto, o mercado da carne de abasto resentiuse cunha caída de prezos pese a insistencia dos expertos en que o perigo para o consumo era case nulo. Así e todo, desaconsellaban o consumo de vísceras e miolos e da carne próxima ós ósos.
Por outra banda, a Comisión Europea xa advertira de que España era un país de risco aínda que un alto cargo da CE relativizou as presuntas irregularidades da Administración española no asunto.
|
![]() |
![]() |
|
![]() |
|
|
|
|
OS INCENDIOS FORESTAIS
Son o principal problema ecolóxico de Galiza. Nos últimos vinte anos levan ardido máis da terceira parte das hectáreas da superficie galega. O 37% dos incendios son provocados para despexar cultivos ós pastos, para cobrar seguros, aproveitar madeira queimada, recalificar áreas, por vinganzas persoais ou por piromanía. Ademais dos efectos sociolóxicos e económicos, as consecuencias ecolóxicas son tamén graves: no solo diminúen os nutrintes, aceleran a erosión e mudan a estructura e a textura do mesmo. No microclima incrementan as turbulencias e os ventos así como a oscilación térmica. Nos recursos hídricos prodúcese un aumento da auga escorrentada e diminúe a auga subterránea, incrementando o risco de inundacións. Prodúcese igualmente un aumento de partículas en suspensión e do o grao de eutrofización e o risco de producirse mareas vermellas é maior. Na vexetación establécese unha regresión ecolóxica xa que o lume estimula a xerminación dalgunhas sementes e medran moitas herbáceas anuais. Na fauna morren os animais que non poden escapar mentres que outros migran. Outros efectos nocivos son o aumento da contaminación atmosférica, o efecto invernadoiro e e a aceleración da colmatación nos encoros e rías. |
![]() |
![]() |
|
Os
Ancares son as montañas máxicas de Galicia e León.
Xunto O Courel ó sur, son o maior espacio natural da comunidade,
ademáis de territorio de paso do oso pardo e dos derradeiros urogallos
que quedan no país.
A paisaxe de alta montaña crea unha gran biodiversidad e os seus extensos bosques presentan un marcado contraste estacional. A variedade é importante, non só polas numerosas especies senón tamén pola súa organización en comunidades. Destacan as variedades de cereais cultivadas na alta montaña, as praderas, os bosques de acebo, os pastizais, as formacións de matorral: carqueixas, uces, xenistas. Nas ladeiras, especies como o carballo, avellano, arce, cerval, teixo… e nas zonas altas bosquetes de abedules e meloxares. A fauna é moi rica
e diversa, debido, en parte, a su enclave na máis agreste das
catro provincias galegas. O emblema da fauna ancaresca é o urogallo. Etnografía: Becerreá e A Pobra de Navia comparten a capitalidad dos Ancares. Polo municipio de Navia repártense unos 25 castros, catro campos de mámoas, 20 covas relacionadas ca minería da época romana e numerosas “alzadas”, antigos poblados temporales utilizados no verán. Coñeceremos
outra forma de vida representada nas pallozas, construccións
prerromanas con trazas de castro que albergaban cun mismo teito de palla
de centeo á persoas e o gando. Algunha palloza convertida en
museo mostra as humildes e fermosas cunas donde nacieron os seus moradores
hasta fai relativamente pouco tempo. |
![]() |
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
|
Medio
natural
Todo o territorio
desta comarca sitúase na Serras Orientais da provincia de Lugo,
polo que a súa orografía, con perfís vertixinosos,
está formada por estreitos vales encaixados entre abas que, nalgúns
casos rozan a verticalidade, e coroadas por unha sucesión de
cumes notables, dentro dos cales a cota máxima é de 1643
m. Demografía Precisamente foi a súa ubicación nas serras orientais a que condicionou os asentamentos humanos. A súa difícil e accidentada orografía imposibilitou o establecemento dunha boa rede de comunicacións e por iso o medio rural sufriu ó longo do século un grave proceso de despoboamento e envellecemento, alcanzando actualmente unha densidade demográfica de 9,9 hab./km2., o que motiva serias repercusións ambientais, sociais e culturais. Etnografía A riqueza
etnográfica das terras do Caurel é enorme: as súas
recónditas aldeas son unha boa mostra de adaptación arquitectónica
ó medio físico hostil, e igualmente sucede con outras
construccións populares como son os muíños ou as
“ouriceiras”. Patrimonio artístico Toda a arquitectura
rural do Caurel conforma, en si mesma, o mellor exemplo histórico-artístico,
tal como podemos observar en numerosas aldeas coas súas casas
de esquinas redondeadas, tellados de lousas ademais de balcóns
de madeira; pero ademáis merecen especial atención outras
construccións populares como as ferrerías ou os muíños
fariñeiros diseminados por todo o municipio. Turismo e ocio Para descubrir
a beleza natural da comarca, podemos seguir diversas rutas de sendeirismo
a pé ou en bicicleta que nos permitirán descubrir, entre
outras cousas: aldeas medievais con casas de amplas galerías
de madeira tallada, fragas autóctonas salpicadas de fontes e
mananciais, minas a ceo aberto e escavadas na montaña da época
dos romanos, covas con fabulosas estalactitas e estalagmitas no seu
interior, cabanas serradas polas labores da sega e o pastoreo, castros
construídos en bancais, lagoas de orixe glaciar, mananciais de
augas ferruxinosas, carballos centenarios... |
![]() |
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
|
Medio
natural
Situada no límite centro-oriental da provincia de Lugo, Fonsagrada
presenta un relevo moi accidentado, organizado sobre unha extensa plataforma
erosionada e salpicada de vales fluviais. Na paisaxe fonsagradina a acción
erosiva provocou unha orografía de alomados cumes que se alternan
con vales polos que discorren os ríos Navia e Suarna, nos que se
vertebran multitude de pequenos regatos.
Un medio físico hostil, unha mala rede de comunicacións e a falta de recursos económicos provocou, sobre todo nos anos corenta, unha emigración cara a Europa e diversas cidades españolas. Isto trouxo consigo o abandono das terras, o envellecemento progresivo da poboación e a reducción global do seu continxente demográfico. Hoxe, a súa densidade demográfica é lixeiramente inferior á do ano 1750, arredor de 15 hab./km2.
Durante as longas e frías noites do inverno e, en torno á lareira creábase o ambiente propicio para transmitir o rico patrimonio que a literatura popular da comarca posúe. O lume, as pedras e a auga son tres dos elementos simbólicos que protagonizan a maioría destas lendas. De feito, a lenda da “Fonte Sacra” dá nome á capital do municipio e débese á existencia dende tempos pretéritos, duna fonte ó lado da igrexa de Santa María que, dende o século XVIII, foi centro de romaría e devoción. Unha fonte que todos consideran sagrada por ser o lugar onde, ó parecer, se apareceu a Virxe.
Dentro da arquitectura relixiosa poden reseñarse numerosas igrexas
que aínda conservan no seu interior capiteis románicos e
retablos de estilo renacentista, barroco ou neoclásico.
Dende calquera dos seus cumes existe a posibilidade de gozar de vistas
panorámicas inigualables. Á abundancia de paisaxes naturais
hai que engadirlle a variada riqueza arqueolóxica e monumental
existente. Neste aspecto, son interesantes os sesenta castros catalogados,
así como un dolmen do Neolítico. |
![]() |
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
|