O TURISMO E NÓS

 

 

 

O CAMIÑO DE SANTIAGO

 

O Ano Santo ou Xacobeo é aquel no que o día de Santiago (25 de Xullo) cadra en domingo.

Para facer o camiño podemos escoller varias rutas: Camiño Francés, Camiño Aragonés, Ruta do Ebro, Camiño do Norte ou a Vía da Prata.

A credencial do pelegrín é un documento que se entrega unicamente ós que peregrinan a Santiago a pe, en bicicleta ou a cabalo e é imprescindible para acceder ós albergues.

A “compostelana” é un documento que acredita que se fixo o camiño en pregrinación, como mínimo 100 Kms. a pe ou 200 Kms. si é a cabalo ou en bici, antes de chegar a Santiago.

 

O TURISMO RURAL

 

¿Que é o turismo rural?

O turismo rural é unha actividade multisectorial que require a concurrencia de diversas áreas productivas e de sectores públicos e privados para proporcionar os bens e os servicios utilizados polos turistas; non ten límites determinados con claridade.


Normativa reguladora dos alonxamentos de turísticos ruráis

O 2 de Xaneiro de 1995 estableceuse a ordenación dos establecementos de turismo rural. Clasificanse nos siguintes grupos A, B e C:


Grupo A:

Algunos tipos de edificacions: pazos, castelos, mosteiros, casa grandes, casas rectorais e aqulas outras que polos seus valores son recoñecidas como tales polos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Grupo B:

Neste grupo están as casas da aldea situadas no medio rural que, pola súa antigüidade e características responden aá tipicidade propia das casas rurais..


Grupo C:

Aquí inclúense as casas da labranza. Estas casas están situadas no medio rural e nelas se desenvolven actividades agropecuarias nas que poden participar os hóspedes. Isto denomínase agroturismo.


Os establecementos comprendidos nos grupos A y B poderán clasificarse nalgunha das seguintes modalidades:

Hospedaxe: Os propietarios conviven e comparten a vivenda cunha zona adicada ós hóspedes e entre os seus servicios está comprendida, como mínimo, a media pensión alimenticia.

Residencia: Cando os hóspedes dispoñen en exclusiva das instalacións ou si comparten a vivenda cos propietarios, non comprende a media pensión alimenticia.

¿Como se fai a reserva?

As reservas podemos facelas de tres formas distintas:
1. A través de unha Axencia de Viases.
2. Contactando coa central de Reservas no teléfono 902200432
3. Directamente co establecemento.

Algúns exemplos son:

Lugo: Casa Cazoleiro (Meira)
Casa Condiño (Cospeito)

Coruña: Pazo de Pena (Santiso)
Pazo Xan Sordo (Santiago)

Ourense: Casa Grande de Cristosende (Teixeira)
Pazo A Fábrica (Celanova)

Pontevedra: O Palomar (Estrada)
Fonte Grande (Tomiño)

 
OURENSE
 

O BARCO DE VALDEORRAS

O Barco de Valedorras é unha vila de 9000 habitantes na provincia de Ourense.Cidade mineira célebre polas canteiras de lousas. Chamóuselle noutro tempo Aldeoras a causa das pepitas de ouro que carrexaba o río Sil.

VERÍN

Verín é unha vila central da comarca de Monterrey, situada ó Sur da provincia de Ourense, na carretera nacional 525 próxima a Portugal. A súa extensión é de 93,3 km2 e ten 12003 habitantes.

Ten sona polos seus distintos mananciais de auga natural, o castelo de Monterrey (ver foto) e os seus antroidos de sona nacional.

ALLARIZ

Allariz sitúase en Ourense e conta con moitas murallas e antigos monumentos como por exemplo o castelo das catro torres.


MANZANEDA

Manzaneda atópase en Ourense e nesta vila poderíamos destacar as súas paisaxes montañosas e a estación de esquí onde se poden practicar outros moitos deportes.

 
 
VOLVER Ó MENÚ PRINCIPAL