AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Información académica: Materias no Bacharelato (a partir do curso 2003-04)

1º BACHARELATO
(32 sesións/semana)
OBRIGATORIAS
3 Lingua galega e literatura
3 Lingua castelá e literatura
3 Lingua extranxeira (Inglés ou Francés)
3 Filosofía
2 Educación física
2 Relixión/Alternativa
ITINERARIOS
MODALIDADE OBRIGATORIAS
(4 horas cada unha)
OPTATIVAS: escoller unha
(4 horas cada unha)
CIENCIAS DA NATUREZA E DA SAÚDE -Bioloxía e xeoloxía / Debuxo Técnico I
-Física e química
-Matemáticas I
-Bioloxía e xeoloxía
-Matemáticas aplicadas ás CCSS I
-Economía
-Francés I
-Música I
HUMANIDADES -Grego I
-Latín I
-Historia do mundo contemporáneo
-Lite. universal contemporánea
-Ética e filosofía do dereito
-Matemáticas aplicadas ás CCSS I
-Economía
-Francés I
-Música I
CIENCIAS SOCIAIS -Economía
-Historia do mundo contemporáneo
-Matemáticas aplicadas ás CCSS I
-Lite. universal contemporánea
-Ética e filosofía do dereito
-Latín I
-Grego I
-Francés I
-Música I

 

2º BACHARELATO
(32 sesións/semana)

OBRIGATORIAS

3 Filosofía
4 Historia
3 Lingua castelá e literatura
3 Lingua galega e literatura
3 Lingua estranxeira

ITINERARIOS

MODALIDADES VÍAS OBRIGATORIAS
(4 h cada unha)
OPTATIVAS
(4 h cada unha, escoller unha sen repetir)
Ciencias da natureza e da saúde Científico-técnica -Matemática II
-Física
-Química ou Deb.Técn.II
-Matemáticas II
-Física
-Química
-Bioloxía
-Economía e org. emp.

-Xeoloxía
-Métodos estatísticos e numéricos
-Filosofía da ciencia e da tecnolo.

-Música II
-Francés II

Ciencias da saúde -Bioloxía
-Química
-CC da Terra e medioambientais
Humanidades e ciencias sociais Humanidades -Latín II
-Historia da Arte
-GregoII ou Hta.da Música
-Latín II
-Matemá. aplicadas ás CCSS II
-Xeografía
-Historia da Arte

-Literatura galega do S. XX
-Historia e xeografía de Galicia
-Literaturas hispánicas
-Introducción ás CC. Políticas

-Música II
-Francés II

Ciencias sociais -Matem. aplicadas ás CCSS II
-Xeografía
-Economía e org. de empresas

Materias propias de modalidad de 2º
As materias marcadas en negrita son propias de modalidade.

Condicións para escoller as materias de 2º
Para cursar as materias II en 2º (sexan propias de modalidade ou outras) hai que cursar previamente as materias I en 1º. O mesmo se aplica ás progresivas propias de modalidade (p.ex.: para cursar Bioloxía en 2º hai que cursar antes Bioloxía e xeoloxía de 1º, etc.).

Probas de Acceso á Universidade
A matrícula nun estudo universitario en calquera universidade española será preferente dependendo da vía pola que se superou a Proba de Acceso á Universidade (PAAU). Esta proba consta de dúas partes, con catro exercicios na primeira parte e tres na segunda, cada una deles de hora e media de duración. Para cada exercicio se lle ofrecen dúas propostas ó alumno das cales ten que escoller unha. Cada exercicio valórase de 0 a 10 puntos.

Na primeira parte, o alumno examínase das materias comúns do Bacharelato. O primeiro exercicio sobre a composición dun texto histórico ou filosófico, o segundo sobre a análise dun texto en idioma estranxeiro, o terceiro sobre a análise e composición dun texto en lingua castelá e literatura, e o carto sobre a análise e composición dun texto de lingua galega e literatura. A media aritmética dos catro exercicios da a nota da primeira parte.

Na segunda parte, o alumno examínase de tres materias específicas do Bacharelato dependendo da vía que cursou en 2º: dúas materias obrigatorias da vía (as subliñadas), que aportan un 40% cada unha delas á nota da segunda parte, e unha terceira a elixir entre a/as propia/as de modalidade cursada/as, que aporta o 20% restante.

O alumno tamén pode superar as PAAU por dúas vías. Neste caso, examínase da primeira parte (materias comúns), e examínase de dúas segundas partes: unha por cada vía, pero só das materias obrigatorias (subliñadas) de cada vía. Polo tanto, na segunda parte examínase só de catro materias, dúas por cada vía. O alumno que supere as PAAU por dúas vías escolle a mellor nota para acceder ós estudos universitarios. Para cada vía obtense a cualificación da segunda parte sumando o 40% das cualificacións de cada unha das materias vinculadas á vía e o 20% da cualificación máis alta das obtidas nas materias correspondentes á outra vía.

A media aritmética da primeira e segunda parte da como resultado a cualificación da proba de acceso, necesitando como mínimo un 4 para ser considerado apto.

A cualificación definitiva para o acceso á universidade obtense ponderando un 40% a cualificación da proba de acceso e un 60% a media do expediente académico do bacharelato (sen contar Relixión). Para superala é necesario obter un mínimo de 5 puntos.

Este centro, a través da súa oferta de Bacharelatos, da acceso a tódolos estudos universitarios de España. Ademáis, escollendo adecuadamente as materias na vía Científico-técnica (Matemáticas II, Física, Bioloxía e Química), pode examinarse pola vía Científico-técnica e pola vía de Ciencias da saúde, tendo por tanto, dobre oportunidade.

Estudos universitarios en Galicia, vinculacións de estudos e vías polas que se superou as PAAU e Campus
Na seguinte ligazón móstrase a táboa dos estudos universitarios en Galicia, coas vinculacións de cada un deles á vía, ou vías, polas que se superou as PAAU, así coma os Campus nos que se cursan: Estudos universitarios en Galicia.

Páxina inicialAtrás