Admisión e matrícula para o curso 2006-07
|
Ciclo Formativo de Grao Superior |
Ciclo Formativo de Grao Superior
INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICAS
Resolución do 5 de abril de 2006 (DOG do 19 de abril)
ACCESO DIRECTO
Requisitos para o acceso directo ós Ciclos Formativos de Grao Superior
de Formación Profesional Específica:
PROBA DE ACCESO
Para aquelas persoas que non reúnan os requisitos de acceso directo e
que teñan cumpridos 20 anos (18 para os que estean en posesión do título de
técnico) ou cumprilos no ano no que se realiza a proba.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN
ACCESO DIRECTO e MEDIANTE PROBA
Prazo:
- Do 19 de xuño ó 3 de xullo, ámbolos dous inclusive, cubrindo o impreso do anexo II da Resolución citada ou en http://www.edu.xunta.es/fp.
- Só para acceso directo: Do 1 ó 13 de setembro, ambos os dous incluidos, para entregar os certificados académicos do alumnado que entregou a documentación no prazo de xuño e está pendente da convocatoria de setembro para cumprir os requisitos académicos.
Documentación:
Con carácter xeral achegarase coa solicitude:
- Fotocopia do documento de identificación
- Documentación acreditativa de todos os requisitos académicos e xustificantes dos criterios de baremación
PUBLICACIÓN DE RELACIÓNS DE ADMITIDOS E MATRÍCULA
Xullo
- Relación provisional de admitidos: 6 de xullo
- Reclamacións á relación provisional: ata o día 14 de xullo ás 14:00 horas
- Relación provisional de admitidos, despois das alegación: a partir do 18 de xullo, no Centro, ou en http://www.edu.xunta.es/fp
- Relación de admitidos: a partir do 19 de xullo, no Centro, ou en http://www.edu.xunta.es/fp
- Matrícula: do 19 ó 28 de xullo, no Centro
Setembro
- Segundo calendario da Comisión Autonómica de Escolarización