|
Ciclo Formativo de Grao Superior Características do ciclo, perfil profesional, estructura académica |
Acceso
Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo
Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:
Título que se obtén: Técnico superior en información e comercialización turísticas.
Perfil profesional:
|
Competencia xeral |
Comercializar destinos turísticos, crear productos turísticos de base territorial, asistir e guiar grupos e xestionar servicios de información turística. |
|
| Contorno funcional | Deseño e preparación de productos ou servicios turísticos, de atención ó cliente e de comercialización de servicios turísticos. | |
| Saídas profesionais | Informador turístico-xefe de oficina de información turística. Técnico en organización de feiras e acontecementos. Promotor turístico. Guía de turismo. "Transferista". Investigador de mercados turísticos. Guía local. Dinamizador de núcleos e destinos turísticos. Relacións públicas. Asistente de publicidade/promoción. Técnico en planificación turística local. |
Acceso directo a estudios universitarios:
Diplomaturas en Ciencias empresarias e Turismo
Estructura académica:
O Ciclo Superior INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICAS consta de dúas partes:
• PARTE PRESENCIAL DE CLASES NO CENTRO, cunha duración dun curso académico, e coa estructura seguinte:
|
Nº de horas á semana |
Módulo |
|
|
6 |
Deseño e comercialización de productos turísticos locais e rexionais |
|
|
5 |
Asistencia e guía de grupos |
|
|
5 |
Información turística en destino |
|
|
3 |
Productos e destinos turísticos nacionais e internacionais |
|
|
5 |
Inglés |
|
|
5 |
Francés |
|
|
2 |
Formación e orientación laboral |
|
|
3 |
Proxecto integrado |
|
|
2 |
Horas de libre disposición |
• FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO, cunha duración dun trimestre, que se desenvolverá no primeiro trimestre do seguinte curso.