AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Información académica: Criterios de Promoción e Titulación na ESO

NORMATIVA

CUALIFICACIÓNS

A partir do curso 2007–08 os resultados da avaliación expresaranse nos termos seguintes: Insuficiente (IN), Suficiente (SU), Ben (BE), Notable (NT) e sobresaliente (SB), acompañadas dunha cualificación numérica na escala do 1 ao 10, sen cifras decimais, considerándose cualificación negativa o Insuficiente e positivas as restantes, correspondendo ao IN do 1 ao 4, ao SU o 5, ao BE o 6, ao NT o 7 e 8,e ao SB o  9 e 10 . Cando un alumno ou alumna non se presente á proba extraordinaria de setembro dunha materia, nos documentos de avaliación farase constar "non presentado" (NP)

MATERIAS PENDENTES

O alumnado que promocione de curso sen ter superado todas as materias, seguirá un programa de reforzo destinado a recuperar as aprendizaxes non adquiridas e deberá superar a avaliación correspondente ao devandito programa. A avaliación do programa de reforzo será tido en conta aos efectos de cualificación das materias non superadas. Corresponde aos departamentos didácticos a organización destes programas. Cada profesor ou profesora desenvolverao no curso no  que imparte docencia. Os centros educativos organizarán os procesos de avaliación da recuperación das materias pendentes.

AVALIACIÓNS

Ao comezo de cada curso haberá unha avaliación inicial para obter información sobre os coñecementos previos e o grao de desenvolvemento das competencias básicas. A avaliación incluirá á análise dos informes persoais da etapa ou curso anterior e completarase coa información obtida a través da persoa titora.

Ao longo de cada curso realizaranse para cada grupo, polo menos, tres sesións de avaliación. A persoa titora recollerá en acta o desenvolvemento das sesións e, as cualificacións das distintas materias e/ou ámbitos, o grao de desenvolvemento das competencias básicas, as decisións e os acordos acadados referidos a cada alumna e alumno e ao grupo no seu conxunto. Asi mesmo, farase o seguimento da recuperacion das materias pendentes, se fose o caso. A última destas tres sesións poderá coincidir coa avaliación final ordinario do mes de xuño.

Nos primeiros días do mes de setembro terá lugar unha sesión de avaliación, trala realización das probas extraordinarias, para o alumnado que non superara todas as materias na avaliación final ordinaria.

Nº TOTAL DE MATERIAS SUSPENSAS

No cómputo das materias para efectos de promoción, consideraranse tanto as materias non superadas do propio curso como as de cursos anteriores. Para estes efectos computarase como unha única materia as de diferentes cursos que teñan a mesma denominación. O proxecto interdisciplinar non computará e a materia de ciencias da natureza do 3º curso, desdobrada en bioloxía e xeoloxía / física e química, manterá o seu carácter unitario.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN (téñase en conta o punto anterior)

CRITERIOS DE TITULACIÓN (téñase en conta o relativo ó nº total de materias suspensas)

Páxina inicialAtrás