Información académica: Avaliación e promoción en Bacharelato
Normativa
Orde do 18 de maio de 2000. DOG do 1 de xuño
Avaliacións principais
- Avaliación ordinaria: en xuño, coincidindo coa avaliación final do período
avaliativo.
- Avaliación extraordinaria: en setembro, mediante probas extraordinarias das
materias non aprobadas en xuño e pendentes, se é o caso.
Cualificacións
- Numéricas, do 1 ó 10 sen decimais. Na Acta oficial de xuño non poden aparecer
as cualificacións negativas, pero na actiña sí para que aparezan no boletín de
cualificacións.
- Ex: para materias exentas.
- P: para materias pendentes de 1º BACH.
- NP (só en setembro): non presentado.
- A Cultura Relixiosa non é obxecto de avaliación e logo non se lle asigna
cualificación.
Promoción de 1º a 2º BACH
Promocionan de 1º a 2º o alumnado con dúas ou menos materias suspensas despois
das avaliacións de xuño e setembro, se é o caso.
Repetición de 1º BACH
O alumnado de 1º BACH que despois da avaliación de setembro ten tres ou máis
materias suspensas, deberá repetir 1º BACH e ser avaliado de novo en tódalas
materias de primeiro.
Materias pendentes
Son as materias que un alumno/a de 2º ten pendente de aprobar de 1º; máximo de
dúas. Durante o curso, o alumnado disporá de dous exames ó longo do curso para
supera-las materias pendentes distribuídas en dúas partes. No caso de non
supera-las materias pendentes ó longo do curso, haberá un exame final en maio.
Avaliación 2º BACH
Na avaliación de xuño ou setembro e no caso de ter materias pendentes
(suspensas), a cualificación na materia de 2º é de P (pendente) nos seguintes
casos:
a. Cando a materia de 2º e a pendente de 1º teñen idéntica denominación (lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura, lingua estranxeira, matemáticas, latín, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, grego, segunda lingua estranxeira e música).
b. Cando os contidos da materia de 2º son total ou parcialmente progresivos respecto da materia pendente de 1º (“física” ou “química” de 2º con relación á “física e química” de primeiro e “bioloxía” de 2º respecto á “bioloxía e xeoloxía” de 1º).
Nos dous casos anteriores, se a cualificación na materia de 2º é positiva en
xuño, dita cualificación gárdase para setembro se en setembro se aproba a
materia pendente que vincula á materia de 2º.
As restantes materias de 2º son avaliables (a diferencia do extinto COU).
Matrícula en 2º de materias de 1º para poder cursar materias de 2º
Un alumno, cando se matricula en 2º e queira cursar algunha materia de 2º que
depende dunha materia de 1º non cursada, pode tamén, para poder cursar a nova de
2º, matricularse na de 1º. Esta materia de 1º será tratada como materia pendente
e non conta no cupo de dúas materias suspensas para pasar curso.
Repetición total/parcial de 2º BACH
A efectos de este apartado considérase unha soa materia aquela que ten a mesma
denominación en 1º e en 2º (ve-lo punto a. do apartado anterior: Avaliación 2º
BACH).
O alumnado con máis de tres materias suspensas entre 1º (as pendentes, máximo de
dúas) e 2º deberá repetir 2º BACH e ser avaliado de novo en tódalas disciplinas
de 2º e pendentes.
O alumnado con tres ou menos materias suspensas (entre 1º e 2º) repetirá segundo
matriculándose unicamente nas materias suspensas. Excepcionalmente, e por unha
soa vez, a dirección do centro poderá autorizar que os alumnos de este punto
poidan matricularse en tódalas materias de 2º coa finalidade de mellora-las
cualificacións. Nas materias que tiña xa aprobadas, considéraselles a mellor
nota.
Matrícula de honor
Concederáselle a un número de alumnos non superior ó 5% que obteñan no segundo
curso de bacharelato unha nota media igual ou superior a nove puntos.
Nota media do bacharelato
É a media aritmética de tódalas materias que compoñen os dous cursos. Pódese
expresar cun decimal. Non se computará a cualificación de Relixión para efectos
de acceso á universidade e becas.
Título de bacharel
É proposto o alumnado que supere tódalas materias dos dous cursos do
bacharelato. O título é único e nel consta a modalidade cursada e a
cualificación media obtida.
Permanencia e anulación de matrícula
O alumnado pode estar escolarizado un total de catro cursos académicos
matriculado en Bacharelato. A matrícula pódese anular antes de remata-lo mes de
abril.